Información
Santiago

Esquerda Unida apoia a mobilización contra Feiojoo e o PPdeG convocada para este sábado 8 de setembro “Pola dignidade dos medios públicos”

Información
06 Septiembre 2018 505 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Esquerda Unida súmase e chama a participar na manifestación que reivindica a dignidade dos medios públicos de comunicación de Galicia, que terá lugar o vindeiro sábado 8 de setembro en Compostela, e está convocada polo Comité Intercentros da CRTVG e o Comité de empresa da RTVE en Galicia, apoiada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A saída da manifestación está prevista para as 10.30 horas dende a sede da CRTVG en San Marcos (Compostela).

 

Dende Esquerda Unida defendemos a necesidade de contar cuns medios públicos de calidade, que garantan o dereito a unha información veraz, obxectiva e non manipulada. Segundo expresa a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, dunha banda é vital “reivindicar uns medios públicos que estean ao servizo da cidadanía e non que esta se sinta desinformada, manipulada ou excluída dos asuntos públicos”. Doutra banda, “non é tolerable instrumentalizar ás traballadoras e os traballadores de medios públicos, usadas como ferramentas para intervir no mundo político e non deixar que fagan o seu traballo como profesionais da comunicación”, apunta.

Por todo isto, dende Esquerda Unida trasladamos todo o noso apoio ás traballadoras e traballadores da CRTVG e RTVE en Galicia na loita que están a dar en prol da recuperación deste medio público ao servizo de todas e non dos intereses partidarios, tal como os e as profesionais do medio están a denunciar. 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...