El Comité Local de Santiago del Sindicato Unificado de Policía, mayoritario en Compostela y en Galicia, con motivo de la celebración del Día de la Policía, mañana martes, día 2 de octubre, quiere trasladar a la opinión pública:

Felicitar a todos nuestros compañeros condecorados, en total son diecisiete, ocho de la Comisaria de Santiago de Compostela y 9 de la Unidad Adscrita a la Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, con Cruz al Mérito Policial con distintivo Blanco.

Información
Santiago

O primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en líña a través de Twitter

Información
23 Septiembre 2018 532 votos

USC, Universidade de Oxford, Instituto Pasteur de París, Universidade de Stanford ou CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) son algunhas das dezaoito universidades internacionais e centros de investigación que colaborarán no primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en liña a través de Twitter. Un total de vinte e un profesores e investigadores utilizarán esta rede social como ferramenta para ensinar e comunicar o coñecemento científico.

Cunha frecuencia de tres clases por semana, cada lección abordará un tema diferente. Entre outros, o profesor da USC Jesús L. Romalde falará sobre patoxenicidade e virulencia bacteriana; Marta Cortesao, do Centro Aeroespacial Alemán-DLR sobre microbioloxía espacial; ou Jorge García-Lara, da Universidade de Central Lancashire (Reino Unido) sobre a ruta microbiana cara o cancro. Vacinas e antivacinas, resistencia aos antimicrobianos, microbiota intestinal, patóxenos ou guerra microbiolóxica son tamén algúns dos temas que se discutirán durante o curso.

A Rede ECOMAR financiada polo programa CYTED e coordinada polo profesor da USC Sebastián Villasante, reúnese estes días en Colombia para avanzar na primeira avaliación iberoamericana de servizos ecosistémicos mariño-costeiros en áreas mariñas protexidas. Nesta rede participan tamén da USC os profesores Manel Antelo e Jacobo Feas e os investigadores Pablo Pita e Joao Garcia Rodrigues.

Información
Santiago

Investigadoras italianas estudan na USC estratexias de replicación de virus de peixes

Información
18 Septiembre 2018 488 votos


Ana Toffan e Valentina Panzarin, xunto a Isabel Bandín e Carlos Pereira nas instalacións do Instituto de Acuicultura

O Instituto de Acuicultura da USC recibe durante unha semana a visita de dous investigadores principais do grupo de Viroloxía do Laboratorio de Referencia para as Enfermidades de Peixes en Italia. As investigadoras do Istituto Zooprofilattico Sperimentale delle Venezie Ana Toffan e Valentina Panzarin aprenderán, baixo a dirección dos investigadores do centro compostelán Carlos Pereira Dopazo e Isabel Bandín Matos, determinadas estratexias para o estudo da replicación de virus de peixes.

O obxectivo final desta colaboración será o deseño de vacinas antivirais efectivas en peixes, e forma parte do proxecto europeo NOVIMARK ‘Identification of virulence markers in two loss-making Novirhabovirus is the key to improve diagnostic and strategic management in farmed rainbow trout’, da convocatoria Era-Net ANIHWA, do que ambos os Institutos forman parte.

Información
Santiago

Continúan as queixas pola falta de docentes nos centros educativos de Compostela

Información
17 Septiembre 2018 459 votos

A política de recortes de persoal educativo iniciada polo goberno Feijóo no ano 2010 lonxe de mitigarse mantense con firmeza neste inicio de curso e contrasta coa propaganda da Xunta de que estamos nunha situación de recuperación económica. Os casos máis graves sitúanse neste momento no IES de Brión que segue sen ver atendidas as súas demandas de persoal por parte da administración. Malia presentar a súa dimisión a dirección do centro e comezar un grupo de pais, nais e alumnado un peche o xoves pasado a inspección educativa mantén a súa decisión de non conceder máis persoal interino. En concreto, desde o instituto solicitan tres vacantes para poder cubrir a matrícula das materias optativas que o alumnado elixiu en primeira opción e que se viñan impartindo nos últimos anos con gran éxito dado que recibiron moitos premios dos que a propia Consellaría se ten gabado na súa política comunicativa. Ademais, este profesorado tamén permitiría ofertar un PMAR (Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento) en 3º da ESO para dar resposta así ao estudantado que necesita reforzo educativo.

Información
Santiago

Lourdes Mirón Redondo tomou posesión como nova decana da Facultade de Psicoloxía

Información
14 Septiembre 2018 467 votos

Lourdes Mirón, no centro, acompañada do reitor e membros do equipo reitoral. Foto: Santi Alvite

“Este equipo, esta facultade tende a súa man para o desenvolvemento dun proxecto de universidade pública consciente da importancia da súa tarefa: a formación de novas xeracións de cidadáns que poidan e saiban vivir en igualdade”. A profesora Lourdes Mirón Redondo rematou con estas palabras o seu discurso no acto protocolario de toma de posesión como decana da Facultade de Psicoloxía presidido polo reitor Antonio López no propio centro.  Os profesores Santiago Galdo Álvarez e Ana López Durán, como vicedecanos, e Montse Martín, como secretaria, completan o equipo de dirección da Facultade.

Esquerda Unida súmase e chama a participar na manifestación que reivindica a dignidade dos medios públicos de comunicación de Galicia, que terá lugar o vindeiro sábado 8 de setembro en Compostela, e está convocada polo Comité Intercentros da CRTVG e o Comité de empresa da RTVE en Galicia, apoiada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A saída da manifestación está prevista para as 10.30 horas dende a sede da CRTVG en San Marcos (Compostela).

 CIG-Xustiza vén de denunciar o lamentable estado no que se atopan as pezas de convicción (probas dos delitos) almacenadas no arquivo dos Xulgados de Santiago. Alerta ademais das enfermidades potenciais que podería provocar para as traballadoras e traballadores do corpo de auxilio xudicial, que son quen entran e saen constantemente deste arquivo, nomeadamente se padecen alerxias, e exixe unha inmediata solución.

2018072413021322821Nun acto organizado en Santiago pola Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 con motivo do quinto aniversario do sinistro de Angrois, nunha marcha que arrancou na estación de tren compostelá e rematou na Praza do Obradoiro.

“Para que a ferida peche ten que haber xustiza, verdade e reparación e que se tomen todas as medidas para que non se volva repetir a traxedia”, salientou Pontón, “e este é acto de dignidade sigue demostrándonos que hai unha ferida aberta e todos os galegos e galegas estamos do lado das vítimas, para que dunha vez se faga xustiza e dunha vez as persoas responsables asuman as consecuencias”.

lineaazul 1600

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras,...