Información
Vigo

AGDSP pleitos SERGAS concesionaria hospital Vigo

Información
12 Julio 2018 1342 votos

A Asociación Galega para a Defnsa dá Sanidade Pública e a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo xa advertimos desde o primer momento en que o Goberno de Núñez Feijoo cambiou o previsto modelo de construción e xestión do Novo Hospital de Vigo de público a privado.

Baseamos a nosa oposición, entre outras múltiples razóns, en que supoñería un encarecimiento do proxecto, que se confirmo ao pasar de 250 millóns a mais de 1,300; nos recortes para beneficiar á concesionaria que supuxeron o practícaa unha redución de entre o 25% e o 30% da superficie, as camas, os servizos, o equipamiento e a calidade da construción; ou nos enfrontamentos entre a Concesionaria que gestiona a parte non asistencial e o SERGAS responable da prestacion da mesma.

 

O SERGAS non só non tivo en conta estes avisos senón que intento desacreditar as mobilizacións resaltando as virtudes de recorrer á Colaboración Público Privada para poñer en funcionamento o hospital.

Agora asistimos ao espectáculo dunha Concesionaria insaciable que sobe o canon a pagar por SERGAS, que incumple os compromisos adquiridos sen ser sancionada polo SERGAS, que non cumpre co compromiso de equipar o centro, ou que funciona sen trasparencia.

O exemplo do ocorrido no Hospital de Alzira de colaboración público privada e que foi rescatado recientemente polo Goberno de Valencia por problemas similares, debería servir para que o Sr Feijoo acabe con este errado e costoso experimento, cuxas consecuencias sofre a poboación do área e as arcas públicas da comunidade Autónoma.

Por iso esiximos, unha vez máis, desde a nosa Asociación (que levamos este escándalo ao a Unión Europea) a reintegración ao sistema sanitario público deste hospital para evitar a sua créba económica polo afín desmedido de ganancias da Concesionaria
 
Asociación galega para a Defensa da Sanidade Pública
Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi