Información
Vigo

RC Celta avanza cara a un gran soño da cidade deportiva

Información
01 Septiembre 2018 92 Votos

O incansable esforzo, o arduo traballo do RC Celta para dotar ao club dunha cidade deportiva exemplar, moderna e funcional comeza a plasmarse sobre o terreo. Hoxe iniciáronse en Pereiras, en Mos, os labores de preparación do terreo, paso inicial da primeira fase da construción dunhas instalacións que supoñerán un antes e un despois para o primeiro equipo e a canteira celestes, para o club e a súa afección.

 

Unha vez finalizada esta fase procederase a abordar a construción dos campos de adestramento e as dotaciones necesarias para que os equipos profesionais do RC Celta poidan desenvolver de xeito óptimo a súa actividade diaria.

O proxecto, obra de Irisarri e Piñera, colma as expectativas do RC Celta para desenvolver unha cidade deportiva respetuosa ao máximo co medioambiente e con sobrada capacidade para satisfacer de xeito brillante as necesidades tanto da canteira como do primeiro equipo.

A innovadora cidade deportiva do RC Celta en Mos contará, entre outras dotacións, con oito terreos de xogo (catro naturais e catro artificiais), zona de tecnificación, zona de praia para rehabilitación e outras actividades, estadio con capacidade mínima para 4.000 espectadores, pistas de pádel e tenis, piscina, residencia, cafetería-restaurante, tenda do club, universidade do deporte, pabellón deportivo multiusos e gimnasios.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi