Información
Vigo

Caballero anunciou que o Goberno está a estudar unha proposta do sector que consiste nun novo modelo de funcionamento deste servizo en Vigo: o taxi compartido.

Información
01 Septiembre 2018 409 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Logo de manter unha reunión co presidente, co vicepresidente e co secretario da Cooperativa de Taxis de Vigo, Manuel Chorén, Emilio Mosquera e Alfredo Estévez, respectivamente, Caballero anunciou que o Goberno está a estudar unha proposta do sector que consiste nun novo modelo de funcionamento deste servizo en Vigo: o taxi compartido. Explicou que nestes momentos o proxecto bastante avanzado e que en dez días o goberno local tomará unha decisión definitiva.


O mecanismo pasa porque varias persoas que van na mesma dirección ou ao mesmo sitio reserven un mesmo taxi, por exemplo ao hospital, abundou. Podería ser un sistema alternativo ao autobús "moi viable, está ben deseñado, con garantías e pode ser un bo servizo" nunha cidade cunha estrutura poboacional moi complexa para zonas do rural nas que non hai acceso ao autobús, que non pode pasar polas 1.700 rúas de Vigo.

O Concello cooperaría apoiando a cada un destes usuarios e estase a estudar que o xeito de pago sexa a través da Passvigo

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...