Información
Vigo

O Pleno pide responsabilidades políticas á conselleira de Medio Ambiente pola súa posición "sectaria" ignorando ao Porto de Vigo

Información
06 Septiembre 2018 126 Votos

"Esiximos ao presidente da Xunta de Galicia que en calquera negociación para conseguir recursos para os portos galegos opere con criterios de interese xeral e inclúa sempre as necesidades do Porto de Vigo".

O Pleno Municipal pronunciouse este mércores, na sesión ordinaria correspondente ao mes de agosto, en favor do Porto de Vigo a raíz da polémica suscitada nos últimos días pola solicitude da Xunta para condonar a débeda da Autoridade Portuaria da Coruña coa obra do Porto Exterior en Punta Langosteira.



A Corporación aprobou, cos votos a favor de PSOE e Marea de Vigo (o PP votou en contra), unha moción do grupo socialista na que esixe responsabilidades políticas ás conselleiras de Medio Ambiente e Infraestruturas pola súa posición "sectaria" a favor do Porto de Coruña e ignorando ao de Vigo e resto de galegos.

A proposta, defendida polo concelleiro Carlos López Font, tamén esixe ao presidente da Xunta que "en calquera negociación para conseguir recursos para os portos galegos opere con criterio de interese xeral e inclúa sempre as necesidades do Porto de Vigo, porto máis importante de Galicia en carga xeral".

Ademais, na moción aprobada tamén laméntase "o pésimo comportamento da Xunta no Consello de Política Fiscal e Financeira, así como a ausencia de capacidade para expor as necesidades dos Portos de Galicia ao non reivindicar as mesmas".

No caso da Marea de Vigo, o concelleiro Rubén Pérez mostrouse favorable coa moción e sinalou que "a conselleira está máis pendente da súa carreira política como candidata á Alcaldía da Coruña que da situación dos portos galegos e a competencia que os lastra".

Por último, polo Partido Popular o concelleiro Miguel Fidalgo defendeu a posición en contra do seu grupo e destacou que o goberno local debería preocuparse da reparación e mantemento dos paseos das Avenidas e de Bouzas.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi