Información
Vigo

1.253 alumnos recibiron axudas económicas de libros e material escolar, por importe total de 110.000 euros

Información
09 Noviembre 2018 236 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Segundo informou este xoves Abel Caballero, o goberno de Vigo resolveu a convocatoria de bolsas de libros e comedor escolar, cun total de case 4.500 alumnos beneficiados este curso. Para o comedor, o Concello incrementou en 138.000 euros a partida para evitar a lista de agarda e completar toda a demanda.


O alcalde ofreceu este xoves os datos da resolución da convocatoria de axudas para libros, material e comedor escolar, un total de 4.439 alumnos beneficiarios de segunda etapa de Infantil, Primaria e Secundaria. Nesta convocatoria, o goberno de Vigo adica 1,33 millóns de euros.

1.253 alumnos recibiron axudas económicas de libros e material escolar, por importe total de 110.000 euros, revelou o alcalde. No relativo ao comedor, Abel Caballero anunciou o incremento da contía económica para cubrir toda a demanda, un aumento de 138.000 euros cos que o Concello completa a demanda de todo o alumnado que cumpriu cos requisitos establecidos.

Coa nomeada suba do orzamento, xunto aos 606.000 euros que o goberno de Vigo achega a FOANPAS para o mesmo concepto, o Concello de Vigo inviste 1.944.000 euros en apoios a libros, material e comedor escolar.

Abel Caballero incidiu na política social do consistorio vigués, a máis importante das grandes cidades de España e que se verá incrementada no orzamento municipal para o 2019. O próximo ano, o Concello reserva 17,7 millóns para política social, un 22,3% máis que no presente 2018

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...