Información
Vigo

Abel Caballero: "Sen AVE Vigo-Madrid por Cerdedo non haberá saída sur a Oporto"

Información
14 Marzo 2019 390 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Vigo asegurou este mércores que a prioridade da cidade é conseguir a Alta Velocidade por Cerdedo e a partir de aí lograr o corredor ferroviario con Portugal. "Vigo ten que estar na rede básica europea e para iso hai que utilizar o criterio do valor da mercancía que move o noso porto", explicou Caballero. 


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este mércores en rolda de prensa que o AVE por Cerdedo é "prioritario" para a cidade e que sen esta infraestrutura non poderá avanzar o corredor ferroviario e a saída sur a Portugal.

"Xa saben que está a estación en marcha e os accesos e a liña con A Coruña, pero a nosa gran prioridade é o AVE Vigo-Madrid por Cerdedo, agora que está desbloqueada. A nosa segunda gran prioridade é Vigo-Oporto de Alta Velocidade, non un tren convencional, de forma que Vigo-Europa se constitúa en redes europeas, este é o noso núcleo central", asegurou o rexedor na súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Caballero abundou no tema para explicar que a liña con Portugal ten que unir a zona portuaria viguesa e ser compatible coas mercadorías "de modo que seguiremos reclamando que Vigo sexa porto nodal, igual que fixemos sempre, porque nunca daremos a batalla por perdida, e ten que verse acompañado de que o Porto de Vigo e a conexión coa rede ferroviaria a Oporto sexa rede básica europea".

O alcalde incidiu en que a valoración das áreas portuarias deben facerse co criterio do valor dar mercadorías, non do volume. "Temos que transmitir a Europa un cambio de criterios, os portos nodais non se poden catalogar unicamente por criterio de tonelaxe de mercancías, ten que ter unha segunda catalogación en valor engadido e valor de mercancía, e en abastecemento a zonas económicas", sinalou.

Desta forma, apuntou que Vigo ten menos toneladas que outros portos de España pero en valor é moi superior. "Somos unha cidade exportadora de vehículos, pescado con altísimo valor, manufacturas, pezas de Censa... as toneladas de carbón non valen para nada", apuntou.

Igualmente, destacou que no ano 2010 xa estivo reunido co ministro de Transportes de Portugal, Antonio Augusto, e ambos acordaron apoiar o tren de Alta Velocidade de Vigo a Oporto, pero "logo chegou a crise e isto desapareceu dos obxectivos, agora é o momento".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

lineaazul 1600