Información
Xunta de Galicia

Feijóo e seu equipo do PPdeG na Xunta se suben o soldo ano tras ano e se adxudican PLUSES cos cartos que lle negan aos 33.900 fogares galegos que non teñen ingreso ningún.

Información
18 Octubre 2018 617 votos

Ante o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se conmemora mañá, CCOO reivindica máis gasto social e traballo decente para erradicar a pobreza. Despois de máis de dez anos de políticas antisociais, a poboación en risco de pobreza continúa en niveis elevados e sen visos de descender ás cifras acordadas por España no marco da Estratexia Europa 2020.

O índice de pobreza en Galicia é do 18,7 % o mais alto de Europa e similar a paises do tercer mundo. Ou aforro pódese estar dedicando a subir os soldos dos altos cargos na Xunta baixo goberno de Feijóo...

O Estado español comprometeuse a reducir no período 2010-2020 o número de persoas en risco de pobreza e exclusión social entre 1,4 e 1,5 millóns. Porén, a propia Comisión Europa no seu Informe sobre España 2018, recoñece que «con 2.040.000 de persoas en risco de pobreza ou exclusión social máis que en 2008, o obxectivo da Estratexia Europa 2020 aínda queda lonxe».

La Xunta eleva las nóminas de sus altos cargos por segundo año consecutivo mientras recorta a la ciudadanía, funionarios, cierran empresas, permitiénodoles vivir en lso mundos de Yupi lejos d ela realidad....CULPABLE tu voto..+

Máis da cuarta parte da poboación española (un 26,6 %) atópase nesta situación, de acordo co indicador europeo AROPE (At Risk of Poverty and/or Exclusion), e que mide anualmente o INE a través da Enquisa de condicións de vida. Aínda que o risco de pobreza diminuíu desde 2014, cando alcanzou o máximo do 29,2 % da poboación, continúa por riba dos niveis de 2008.

O indicador AROPE considera poboación en risco de pobreza ou exclusión social aquela que está nalgunha das seguintes situacións:
— Con ingresos inferiores ao limiar de pobreza (a chamada taxa de risco de pobreza), establecido en 2017 en 8522 euros ao ano. 
— Con carencia material extrema. 
— Vivindo en fogares onde os ingresos por traballo son escasos ou nulos.

Se se centra a atención no primeiro compoñente, existen unha serie de variables que incrementan a taxa de risco de pobreza, como son o desemprego, as cargas familiares ou a nacionalidade estranxeira.

No que respecta á situación de desemprego, o 44,6 % das persoas desempregadas sitúase por baixo da taxa de risco de pobreza. Resulta especialmente rechamante a evolución desta porcentaxe, que aumentou case todos os anos desde 2008.

Por tipo de fogar, a presenza de nenos e nenas aumenta a taxa de risco de pobreza. O 24 % dos fogares con dúas persoas adultas e polo menos un neno está por baixo do limiar de pobreza. Esta cantidade dispárase ao 40,6 % nos fogares en que un adulto —na maioría mulleres— convive cun ou máis nenos.

Se nos centramos na orixe, os datos demostran que a taxa de risco de pobreza da poboación estranxeira chega a triplicar a das persoas autóctonas, que é do 18 %. No caso das persoas de orixe estranxeira, a taxa sobe ao 39,2 % se proceden de países da UE, e ao 52,1 % se a súa orixe é extracomunitaria —sobre todo de África e da América Latina.

Por idades, os maiores aumentos nas taxas de risco de pobreza desde o inicio da crise en 2008 producíronse no grupo de 16 a 29 anos, ao se incrementar en 10,4 puntos, e nas persoas cunha idade comprendida entre os 45 e 64 anos (5,4 puntos máis). É dicir, o risco de pobreza aumentou sobre todo entre as persoas en idade de se incorporar por vez primeira ao mercado laboral e entre aquelas de maior idade que, froito da crise e das políticas aplicadas, perderon o seu emprego e non conseguiron retomar a súa actividade laboral cun emprego decente.

Situación en Galicia

A situación en Galicia non é moi diferente da do resto do Estado. Segundo os datos do INE, o índice de risco de pobreza en Galicia é do 18,7 %. Ademais, segue habendo grandes dificultades para chegar a fin de mes no 6,2 % dos fogares galegos e a pobreza enerxética é unha ameaza para o 6,8 % da poboación.

Parte da situación explícase polos baixos ingresos, que de media son en Galicia de 10.783 euros anuais, inferiores á media estatal, que supera os 11.000. Con todo, en case 34.000 fogares galegos non entra ingreso ningún.

Ante esta situación, CCOO esixe incrementar os recursos destinados á renda de inserción (RISGA), pois malia a crueza dos datos, unicamente unhas 10.000 persoas perciben esta prestación.

Cómpre máis gasto social

Como xa se indicou hai 31 anos, o 17 de outubro de 1987, cando se celebrou por primeira vez este día internacional, a pobreza supón unha violación dos dereitos humanos. Sen gasto social, servizos públicos fortes e traballo decente será imposible garantir unha vida digna a todas as persoas no noso país.

Por iso CCOO insiste na necesidade de aumentar os ingresos familiares coa xeneralización dun salario mínimo en convenio de 14.000 euros anuais, a recuperación do poder adquisitivo das pensións e a actualización do IPREM, principal referencia da protección social de carácter asistencial. 

CCOO tamén demanda a posta en marcha da prestación de ingresos mínimos recollida na ILP que os sindicatos maioritarios presentaron ao Congreso, avalada con 700.000 sinaturas, e a inmediata reversión dos efectos nocivos das reformas laborais e dos recortes sociais aplicados polos últimos gobernos.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!