Información
Xunta de Galicia

12.000 sinaturas poñen as cousas claras ante a conselleira (PPdeG) do profesorado galego que se sinte totalmente abandoado e ninguneado na xestión pública a sombra de Feijóo

Información
02 Diciembre 2018 252 votos

A CIG-Ensino aproveitou a rolda de presentación que está a facer a nova titular de Educación da Xunta, Carmen Pomar, para trasladarlle o resultado da campaña

#ProfesoradoConDereitos, na que se recolleron 12.000 sinaturas, após non recibir ningunha resposta por parte do anterior conselleiro.

A recuperación da xornada lectiva de 18 horas en Secundaria e de 21 en Primaria e a redución das ratios centran unhas reivindicacións que, a teor do contido da reunión, non parece que estean na axenda inmediata da Consellaría.

 

Feijóo vuelve a debilitar la Xunta para intentar que el PP recupere ciudades que controla la izquierda

Salen del Gobierno gallego la conselleira de Medio Ambiente y el de Política Social para aspirar a las alcaldías de A Coruña y Ferrol y entran dos cargos de segunda línea del PP y una profesora sin experiencia previa

Feijóo separa el departamento de Cultura y Turismo del de Educación con la vista puesta en el Xacobeo 2021 y evita despejar incógnitas sobre su sucesión manteniendo como único vicepresidente a Alfonso Rueda


La salida de la Xunta de Mato (presente en distintas consellerías desde el primer Gobierno de Feijóo de 2009) y Rey Varela para intentar hacerse con las alcaldías de A Coruña y Ferrol -de las siete ciudades gallegas, actualmente el PP sólo controla en minoría la de Ourense- vuelve a dejar en evidencia que la mayoría de los cambios de gobierno impulsados por Feijóo desde su primera victoria de 2009 vienen motivados no por buscar el mejor ejecutivo autonómico posible sino por otros condicionantes partidarios externos.. Sigue en; https://www.eldiario.es/galicia/politica/Feijoo-debilitar-Xunta-PP-izquierda_0_818568754.html

Cambio de persoa pero ningunha mudanza nas políticas. Ese podería ser o resumo da reunión que mantivo onte á tarde unha delegación da CIG-Ensino, encabezada polo secretario nacional Suso Bermello, coa nova conselleira Carme Pomar. A pesar de que a intención coa que acudiu o sindicato á reunión era a de escoitar as propostas que en materia de ensino ten que ofrecer a nova titular do departamento de Educación -e máis concretamente sobre aquelas cuestións incluídas no “Decreto dos recortes” que o Ministerio de Educación e Formación Profesional pretende derrogar e que son competencia da Xunta, como a redución da xornada lectiva e das ratios de alumnado por aula-, o feito é que no encontro non se adiantou ningún cambio na política educativa para Galiza nos próximos meses.

Falta de concreción

Por iso a CIG-Ensino lamenta esa falta de concreción á hora de atender as demandas do colectivo docente por parte da administración, que son de sobra coñecidas polo equipo que ocupa a Consellaría de Educación e que non mudou, e aproveitou a reunión para lembrarlle as máis urxentes á nova conselleira.

En concreto citou o decálogo de medidas prioritarias que formou parte da campaña de recollida de sinaturas #ProfesoradoConDereitos levada a cabo o este mesmo ano nos 1.200 centros de ensino do país e que, como non podía ser doutro xeito, van recollidas dentro do programa electoral co que a CIG-Ensino se presenta ás vindeiras eleccións sindicais do 4 de decembro no ensino público non universitario.

Un programa electoral do que a conselleira tamén recibiu copia en man e que animamos a que  teña presente á hora de tomar decisións e sobre todo de negociar na Mesa Sectorial, órgano de representación do profesorado que a Consellaría intenta baleirar de contido, e no que a CIG-Ensino defende ferreamente os intereses do profesorado.

Neste sentido, a CIG-Ensino emprazou á conselleira a conxugar o verbo negociar máis do que o fixeron os seus antecesores no cargo e a non querer impoñer ou manipular a vontade representativa do persoal docente.

Así lembrou a “pantomima” na que se converteu a negociación retributiva na Mesa Sectorial que levou a un acordo asinado pola porta de atrás no mes de xullo con dúas organizacións sindicais minoritarias e que hipoteca, tal cal está, calquera mellora salarial para o profesorado galego até 2021.

Bermello animou a conselleira a abrir unhas negociacións “serias e reais” nas que estean enriba da mesa cuestións fundamentais para a mellora das condicións do traballo docente como a redución horaria ou das ratios, agora que xa non existe ningún impedimento legal para facelo tras a vontade expresada polo Ministerio de anular o Decreto 14/2012, e no apartado salarial que garanta a devolución de todos os recortes realizados e unha suba salarial “digna que compense o esforzo realizado polo persoal docente nos peores anos da crise e permita recuperar o poder adquisitivo perdido cando menos neste exercicio 2018”, indicou Bermello.

Sen noticias da OPE até xaneiro

A CIG-Ensino trasladoulle á titular da Consellaría a queixa por ter levado a información das especialidades a convocar nas próximas oposicións sen o previo contraste e negociación na Mesa Sectorial e volveu incidir na necesidade de que se se faga un estudo previo sobre as xubilacións previstas para os próximos anos, así como do número de persoal interino á hora de tomar a decisión de que especialidades convocar e cantas prazas en cada unha. A única información proporcionada pola conselleira é de que a OPE pasaría pola Mesa Sectorial no mes de xaneiro.

Principais demandas do profesorado galego

Decálogo de medidas urxentes que conforman as principais demandas do profesorado galego como se puxo de manifesto na campaña de #ProfesoradoConDereitos e que foi entregado á conselleira:

  • Xornada laboral de 35 horas para todo o profesorado, coa recuperación da xornada lectiva máxima de 18 sesións en Secundaria, FP e Ensinanzas de Réxime Especial e 21 en Infantil, Primaria e Educación Especial, así como a xornada reducida de xuño a setembro.
  • Derrogación da LOMCE e dos seus aspectos máis lesivos: reválidas, ranking de centros, privatización... Xestión democrática dos centros con especial incidencia na elección dos cargos directivos e recuperación do poder de decisión nos órganos de goberno.
  • Redución de ratios nas diferentes etapas educativas, nomeadamente nas aulas masificadas nas grandes cidades, e regulamentación das afíns no camiño da súa eliminación.
  • Redución da carga burocrática nos centros educativos, permitindo que o profesorado adique o seu esforzo á práctica docente.
  • Ofertas amplas de emprego que vaian precedidas de estudos serios sobre o número de xubilacións e o número de profesorado interino de cada especialidade. Acceso diferenciado entre aspirantes libres e persoal interino. Acordo de estabilidade para o persoal deste último colectivo con moitos anos de servizo ou de avanzada idade. Eliminación das taxas de reposición e dos cupos e recuperación dos 3.000 efectivos perdidos nos últimos oito anos.
  • Limitación da temporalidade do profesorado en expectativa de destino a un máximo de dous anos após superar o proceso selectivo e transparencia na publicación e adxudicación das vacantes do Concurso de Traslados.
  • Plan especial de atención á diversidade: concesión de desdobres e reforzos, impulso da titoría, reforzo do profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe así como do departamento de Orientación.
  • Eliminación das limitacións para a impartición de clases en galego e fomento real da nosa lingua en todas as etapas formativas co obxectivo de que cando menos o 50% das materiais se impartan no noso idioma. Fomento da elaboración de materiais curriculares e dos plans de formación do profesorado na nosa lingua.
  • Negociación dun acordo retributivo para o profesorado galego que parta da recuperación de todo o roubado nos últimos oito anos, con especial incidencia nas pagas extras detraídas entre 2013-2016, e unha suba salarial que permita a recuperación do poder adquisitivo perdido. Incorporación dunha cláusula de revisión salarial que garanta unha suba igual ao IPC. Recuperación do dereito a cobrar os meses de verán para o persoal substituto que traballara cando menos 5 meses e medio nun curso académico.

Eliminación dos descontos por enfermar, percibindo o 100% desde o primeiro día de baixa, elaboración dun catálogo de enfermidades profesionais e revisión médica anual no Servizo Galego de Saúde.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!