Información
Xunta de Galicia

“A incompetencia da Xunta na sanidade é un problema que non se pode esconder máis”

Información
07 Enero 2019 189 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O persoal dos Puntos de Atención Continuada (PAC) galegos está chamado a partir de hoxe luns 7 de xaneiro a unha folga indefinida para reclamar melloras asistenciais e laborais. Dende o comité de folga explican que a convocatoria chega despois de múltiples intentos de diálogo co Sergas e de dous paros parciais, “xa que seguimos sen ningún achegamento por parte da Administración e non fomos convocados/as durante este período para negociar unha saída ao conflito”.

 

O colectivo lembra que as súas reivindicacións seguen a ser os 11 puntos “que nos uniron en toda a xeografía galega hai preto dun ano", con demandas asistenciais e de equiparación de dereitos ao resto dos profesionais do Sergas: retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos de enfermaría médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección axeitados ou cómputo de xornada correcto onde os permisos e as baixas computen neutro a efectos de xornada. 

O colectivo lembra que as súas reivindicacións seguen a ser os 11 puntos "que nos uniron en toda a xeografía galega hai preto dun ano"

Segundo datos publicados pola Consellaría, “no ano 2017 atendéronse máis de 1.548.000 urxencias nos 90 PAC de Galiza, 767.000 delas nos seis primeiros meses de 2018”. O propio departamento autonómico salienta o “alto índice de resolución, de máis do 90%, sen necesidade de derivación hospitalaria”. Dende o persoal dos PAC sinalan que malia aumentar a actividade asistencial, os centros non están ben dotados e os equipos sanitarios son mínimos.

“A incompetencia da Xunta na sanidade galega é un problema que non se pode esconder máis”, sosteñen. Lembran que son numerosos os colectivos de traballadores/as e usuarios/as que seguen a denunciar publicamente o estado precario da sanidade, nomeadamente en Primaria: listas de espera, problemas de derivación a consultas de especializada, falta de medios, escaseza de persoal contratado, material inaxeitado, etc.

Falta de planificación

Ao mesmo tempo, consideran que a Administración, coas súas declaracións de “facemos o que podemos”, está a recoñecer “de forma totalmente irresponsábel” o que levan meses denunciando: unha enorme falta de planificación que se foi paliando grazas a implicación e responsabilidade das traballadoras/es.

Tal e como sosteñen, o feito de que o Sergas non convoque o comité de folga, que se nos exclúa das reunións e grupos de traballo de reestruturación en Atención Primaria e que permitan que este conflito se estenda no tempo “deixa en evidencia da falta de disposición ou capacidade para resolver os problemas coas traballadoras/es dos PAC”.

Por todo isto, o colectivo decidiu convocar folga indefinida a partir de hoxe “para dar solución dunha vez por todas ao trato inxusto e discriminatorio ao persoal cunhas condicións de traballo pésimas que non se poden soster máis no tempo”.

lineaazul 1600

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...

O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro,...

Día 16, 17 y 18 (continuación). P.A. 14/17. 9.30 horas. Estafa....

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

Sección primera.

Días,...