Información
Xunta de Galicia

Feijóo "A carreira profesional se lle vai aplicar a 21.500 empregados públicos." FALSO

Información
12 Enero 2019 379 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Feijoo, CCOO e UGT minten: a carreira profesional nos medios

Desplegando artillería mediática para vender un pacto da vergoña sobre a carreira profesional, os medios reflicten as declaracións de Feijoo e dos sindicatos amarelos: mentira tras mentira.

1. A carreira profesional se lle vai aplicar a 21.500 empregados públicos. FALSO.

 

  • Dos 21.500 empregados públicos só se lle vai aplicar a carreira profesional a 8.395 FUNCIONARIOS DE CARREIRA.
  • FUNCIONARIOS INTERINOS: quedan fora 1.147 interinos, que só poderán acceder ao grao I da carreira profesional como pronto no 2024, xa que terán que agardar 5 anos. E non van poder acceder nunca ao resto de graos da carreira profesional.
  • PERSOAL LABORAL TEMPORAL E INDEFINIDO: quedan fora as case 5.000 persoas, e ningunha vai entrar na carreira profesional.
  • PERSOAL LABORAL FIXO: das 5.681 persoas deste colectivo, só os que opten por funcionarizarse e aproben van poder cobrar os importes da carreira profesional.

Polo tanto esta suposta mellora só vai ser aplicada a menos da metade das persoas que din UGT, CCOO e Feijoo.

2. A carreira profesional implica unha suba de 800,12 euros para todo o persoal. FALSO.

Para o ano 2019 o importe que se vai cobrar por grupos é o seguinte: 

Ano 2019. Importes brutos
  Anual Mensual
Subgrupo A1 800,12 66,68
Subgrupo A2 559,92 46,66
Subgrupo C1 541,68 45,14
Subgrupo C2 459,72 38,31
Agrup.Prof. 371,52 30,96

Os 800,12 euros brutos anuais non son polo tanto nin o que vai cobrar o persoal nin a media. É o que vai cobrar o persoal do subgrupo A1. E se comparamos co modelo de carreira profesional do SERGAS podemos observar que as contías son a metade.

Non podemos admitir un modelo de carreira profesional que como mínimo non sexa como o do SERGAS, tanto en retribucións como no referido ao ambito do persoal que abrangue, xa que no SERGAS se aplica a todo o persoal estatutario, funcionario e laboral, de carreira, fixo, interino, temporal e indefinido. E especialmente rexeitamos as mentiras dos asinantes do pacto da vergoña para vender ese acordo.

http://autonomica.cigadmon.gal/w2/inicio/descargas/send/15-varios-sen-mellor-clasificacion/400-acordo-de-concertacion-social-aprobado-o-27-12-2018" target="_blank" rel="nofollow noopener noreferrer">Descargar o acordo de concertación social, aprobado o 27/12/2018

lineaazul 1600

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

La penúltima jornada de pruebas que se iba a celebrar en Baiona...

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

lineaazul 1600