Información
Xunta de Galicia

O Goberno de Feijóo segue aumentando postos de libre designación para os amigos ante a caída libre do emprego en Galiza, sobre todo entre os menores de 40 anos

Información
01 Febrero 2019 399 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os datos da EPA do último trimestre de 2018 amosan a desaparición de 4800 persoas activas entre a mocidade.

Nin con creación nin con destrución de emprego se frea a sangría de perda de poboación activa en Galiza mentres Feijoo siga ao fronte da Xunta.

O ano pasado, que segundo a EPA rematou con 24.900 persoas ocupadas máis de media, a perda de activos acadou as 4800 persoas; co agravante de que é entre a poboación máis nova onde se reduce, aumentando entre os maiores de 40 anos, o que está a provocar un novo envellecemento do mercado laboral.

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cobrará un 7,5% máis en 2017, mentres os dez conselleiros que integran o seu Goberno tamén incrementarán en algo máis dun 7% as súas nóminas, de modo que o custo total do Executivo autonómico superará os 700.000 euros.

 

Entre os factores que estarían detrás desta perda de poboación activa atópanse a emigración da mocidade e o esmorecemento dun sector industrial que está a deixar paso á terciarización da economía galega, o que afonda no empobrecemento da poboación. Segundo a propia Axencia Tributaria, son as actividades de menores salarios medios onde máis medra a ocupación, algo que coincide cos datos facilitados pola EPA. 

Feijóo se sube o soldo ante centos de parados sen prestación de ningún tipo e medrando en Galiza en novembro máis do triple que no Estado.

Diante disto, sostén que son posíbeis outras receitas para recuperar o mercado laboral e lembra que a central presentou unha Iniciativa Lexislativa Popular que contiña 100 medidas para o crecemento económico e o emprego que foi tombada no Parlamento cos votos do PP.

A emigración da mocidade e o esmorecemento da industria estarían detrás desta perda de poboación activa

De feito, todo o emprego que se creou en Galiza durante 2018 foi no sector servizos, manténdose na construción e destruíndose especialmente no sector primario; pero tamén na industria, onde desapareceron 2200 postos de traballo.

Esta perda de poboación activa é a que está a amortiguar a taxa de paro, xa que no último ano o descenso da poboación parada foi superior ao medre da poboación ocupada, precisamente polo perda de activos/as; a taxa de paro descendeu 2,4 puntos, situándose no 13,3% da poboación activa.

Ademais, o número de fogares galegos con todas as persoas activas no paro situouse en 59.200 en 2018 (67.500 en 2017), o que evidencia o imparábel proceso de empobrecemento da clase traballadora do noso país.

Empobrecemento e emigración

Segundo denuncia o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Fran Cartelle, estes datos amosan que as políticas laborais que está aplicar o PSOE, e que son unha continuación das do PP, non fan máis que afondar no empobrecemento da clase traballadora e condenan a mocidade á emigración.

“Estas políticas provocan que o emprego de calidade se estea a transformar en emprego precario, tal e como amosa a enorme terciarización da economía que se está a producir, e provocan que ao envellecemento da poboación galega se lle sume a marcha mocidade, o que supón unha sangría para a poboación activa do noso país”, sinala Cartelle.

Por todo isto, reitera a “urxente necesidade” de lograr a derrogación das contrarreformas laborais “que unicamente crean emprego lixo e afondan no empobrecemento e na exclusión social da clase traballadora”.

Principais resultados (datos en miles):

 

Total

Variación absoluta

 

2009

2017

2018

18/17

18/09

 

Total

Total

Total

   

Total

2.407,00

2.341,90

2.334,00

-7,90

-73,00

Activos/as

1.319,50

1.248,30

1.243,50

-4,80

-76

Poboación ocupada

1.155,40

1.052,70

1.077,60

24,90

-77,80

Poboación parada

164,1

195,6

165,9

-29,70

1,80

Inactivos/as

1.087,50

1.093,60

1.090,50

-3,10

3,00

Fonte: INE. EPA

lineaazul 1600

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...