Información

Denuncian o abusivo peche de camas previsto para o verán orquestado polo goberno do PPdeG na Xunta e así favorecer a sanidade privada.

Información
11 Junio 2019 2631 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CIG-Saúde de Compostela vén de amosar a súa indignación polo intento da Xerencia de intentar normalizar o que cualifican como “peche abusivo de camas”durante o período estival, alegando un descenso na actividade asistencial, falta de persoal para substitucións e a necesidade de acometer obras de acondicionamento. Un argumentario que consideran “absurdo” e inexacto.

Fronte a isto, a CIG-Saúde afirma que durante o período estival non pode diminuír a actividade asistencial porque “as poboacións das zonas de costa, como mínimo, se duplican nesa época e os pobos de interior tamén se enchen cos centos de persoas que veñen de fora, os e as emigrantes”.

 

En todo caso, asegura que as persoas “tamén enfermamos no verán” e considera que non se está a facer unha xestión eficiente e eficaz, “paralizando as listas de espera en verán, para baixalas despois traballando de sol a sol, no último trimestre do ano, facendo ‘peonadas’ e pagando horas extra”.

Atención os 365 días do ano

CIG-Saúde de Compostela, defende unha xestión sanitaria continuada durante 365 días o ano, baseada nunha atención de calidade e centrada no/a paciente. Considera que non se pode deixar aos hospitais a medio gas, xa que iso implica un incremento de traballo tanto en atención primaria coma en PAC.

“A maiores esta Xerencia, parchea a falta de profesionais médicos, inventando un sistema destrutivo cunhas lista de voluntariado para gardas médicas localizadas, que sobrecargan aos traballadores/as, ao tempo que os afasta dunha calidade asistencial, de quendas legais e contratos estables que permitan aos mesmos traballar nun ambiente positivo e conciliar vida familiar e profesional”, denuncian.

Camas, quirófanos e plantas pechadas

Pechar de golpe 7 dos 15 quirófanos do Clínico, dicindo que hai que facer reformas, “é unha moi mala desculpa para pechar camas”, aseguran. Incidir no feito de que uns 12 quirófanos dos 3 hospitais, estarán certamente, non operativos, xa que unha vez se inicien esas reformas, a súa apertura, para evitar problemas de contaminación, nin poderá improvisarse nin facerse nunha hora, así que no caso de precisárense, eficientemente, para iso si, a Xerencia, derivará ás e aos doentes os hospitais privados da cidade.

Para CIG-Saúde de Compostela, máis unha vez o peche de plantas e quirófanos en verán nin é unha xestión eficaz, nin eficiente, tanto en canto vai en detrimento da calidade asistencial que defendemos. “E logo dirán novamente que o primeiro e o máis importante é o paciente. Mentira!”.

lineaazul 1600

Irán a Por ti. Una historia real de un periodista vestido de verde, de los nuestros.

23-02-2020 Votos:588 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

JOSÉ PIÑEIRO GONZÁLEZ   - 23 Feb 2020 - 12:19 CET Archivado en: Cultura | Educación | Libros | Política | Prensa   Irán a por Ti, un libro de nuestro...

Abogado gallego consigue indemnización por disfunciones de la Fiscalía. Excesos de celo fiscal y non bis in idem prohibido pero ig…

23-02-2020 Votos:536 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Dr. (PhD) Ing. Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación APEDANICA con registro del...

Esixen a Feixóo que explique o suposto pago de favores con diñeiro negro de Venezuela

23-02-2020 Votos:520 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

O BNG pide a dimisión do secretario de emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, tras...

Sr Feijóo; ¡ AS FAMILIAS sentímonos TOTALMENTE ABANDONADAS pola Administración que vostedes representan e, por eso, afirmamos que …

21-02-2020 Votos:762 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

As ANPAS abaixo asinantes, representadas por FOANPAS e pertencentes aos centros que se indican xunto...

O Xulgado homologa o plan de refinanciamento proposto por Hijos de J. Barreras

19-02-2020 Votos:981 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, homologou o acordo...

Condenan o Concello de Verín a recoñecer a antigüidade de dous empregados da depuradora

19-02-2020 Votos:1000 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Dous traballadores subrogados polo Concello de Verín da antiga empresa adxudicataria da depuradora de augas...


24-02-2020 Votos:704 Reportaxes a fondo Redacción Xornal Galicia

ANTE TODO MUCHA CALMA.

xornalgalicia fantasmasdigitales 950 1024


 

23-02-2020 Votos:520 Vigo Redacción Xornal Galicia

Victoria de equipo para el RC Celta (1-0)

21-02-2020 Votos:751 Pontevedra Redacción Xornal Galicia

Un verquido de gasóleo chega ao Gafos procedente do polígono do Campiño

lineaazul 1600

23-02-2020 Votos:559 Portada Redacción Xornal Galicia

Entroido, unha demostración por redución ao absurdo

07-02-2020 Votos:2276 Portada Redacción Xornal Galicia

Paso de xigante na loita contra o cancro

02-02-2020 Votos:3160 Portada Redacción Xornal Galicia

Concepción Arenal, hoxe

lineaazul 1600