Información

A empresa montada polos directores da Xunta do 112 poñen fin á folga de 83 días tras seren aceptadas todas as súas demandas

Información
10 Julio 2017 6211 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A unidade, persistencia e convicción do persoal do 112 que durante 83 días mantivo un pulso coa empresa e a Xunta de Galiza, fixo posíbel que a última hora de onte –mércores día 6 de xullo- se puxera fin ao conflito tras o AGA emitir un laudo no que se ven recoñecidas todas as súas demandas laborais. Altos cargos del PP de Galicia montan empresas que se llevan la mayor parte del dinero público de la Xunta

La Xunta de Galicia contrata la logística de las elecciones a grupo creado por ex-altos cargos de la propia Xunta

La Xunta adjudica el 112 a una empresa con la mayoría de sus empleados en Sudamérica

Cuando un vecino de Panxón llame al 112 pidiendo una ambulancia, probablemente lo atienda un trabajador desde Perú o Colombia con un mapa de España frente a su puesto de trabajo. Es la consecuencia de la adjudicación del servicio de atención de emergencias de Galicia a la empresa leonesa Telemark–Spain S.L., sin ningún empleado en Galicia.....(+)

   

 

Con todo o comité insiste en que seguirá demandando que se solucionen todos os problemas derivados do mal funcionamento da plataforma informática, que é a súa principal ferramenta de traballo, e loitando para que este sexa un servizo 100% público e de calidade.

 

Foron necesarios 83 días, máis de 180 piquetes e mobilizacións de todo tipo, 6 xuntanzas no AGA e doce horas de reunión na última para que as partes acordaran someterse a unha arbitraxe que se resolveu cun laudo que pon fin á folga a partir das dez horas desta noite. Laudo no que se constata que todas e cada unha das demandas eran de xustiza. 

Segundo explica Isabel Moares, presidenta do comité, “todo o que reclamamos: dereito á subrogación; incremento salarial para compensar as perdas derivadas da decisión unilateral da Xunta de trasladar o centro de traballo para a Estrada; as cuestións de xornada e de conciliación son recoñecidas”.

10% de incremento salarial

Unha das principais demandas do persoal do 112 era a da compensación dos custos derivados do traslado. Moares lembra que a Xunta de Galiza que se comprometera, no seu momento, a destinar unha partida para compensar eses gastos aos que terían que facer fronte as traballadoras/as, negouse a facelo cando chegou o día. A empresa concesionaria do servizo ofreceu un mínimo incremento, que non era abondo para compensar eses custos e “ao final, as traballadoras/es do 112, que asegurabamos que quen tiña que compensar esa cantidade era a Xunta, porque era quen decidía unilateralmente o traslado, vemos recoñecido que efectivamente era así”.

Deste xeito contémplase un incremento salarial do 10%, que “de ter asumido a Xunta desde o principio que era de xustiza, tería evitado unha folga como esta, tan longa e dura para as traballadoras e traballadores”.

Outra cuestión esencial, que era o recoñecemento do dereito a subrogación, tamén se ve plasmada no laudo, convertendo así ás traballadoras e traballadores do 112 nos primeiros dependentes do convenio de Call Center que o terán contemplado.

Demandas sociais e dereitos á conciliación

Dáse resposta tamén á globalidade das demandas sociais e de horarios para a conciliación da vida laboral e familiar presentadas polo comité. A este respecto, Carlos Barros, membro do comité, explica que hai traballadoras e traballadores que levaban máis de nove anos sen librar unha fin de semana e que agora verán equiparadas as súas condicións ás do resto do persoal. “Poderán escoller entre librar dúas fins de semana ao mes, que é o que marca o convenio, ou ben entrar nunha secuencia de cinco días de traballo e tres de libranza e cae en fin de semana cando toca”, matiza.

Entre estes dous horarios haberá traballadores/as que prefiran unha ou outra alternativa. Por iso, segundo explica Barros, “ábrese unha mesa de  traballo coa empresa, dotada economicamente, para -con data límite de 1 de outubro deste ano- facer un horario de 2018 que permita acadar o obxectivo de que cada quen poida estar na modalidade de horario que prefira”.

Barros sinala tamén que até o de agora había persoal contratado a tempo parcial, por tan só 25 horas á semana, e que agora pasará a ter a xornada completa como o resto dos compañeiros/as, mellorando polo tanto as súas condicións laborais e salariais. Como tamén se recoñece ao persoal que non tiña ningún tipo de compensación por traballar festivos, o dereito a gozar de días libres para compensalo.

Plataforma informática

Isabel Moares manifesta a súa satisfacción e a de toda a asemblea de traballadores/as por este acordo que “cobre as nosas expectativas” e dá a necesaria “seguridade xurídica nos incrementos económicos acordados”.

Con todo matiza que “rematamos a folga, pero imos seguir loitando para que se solucione o problema do programa informático e defendendo que un servizo esencial de emerxencias como este ten que ser público”.

Lembra que todas as denuncias que se fixeron por parte dos/as representantes dos servizos de emerxencias que se mobilizaron canda eles en apoio das súas demandas “seguen en pé” e que non deixarán de reclamar “que se garanta a necesaria calidade e rapidez na xestión dos medios e na coordinación dos diferentes servizos de emerxencias”.

A asemblea do 112 agradece a todos os compañeiros e compañeiras dos servizos de emerxencias que os apoiaron durante este case tres meses de folga na súa loita mais tamén a todas as persoas que a nivel particular tanto mediante as achegas económicas, como polo seu respaldo incondicional fixeron posíbel este trunfo que é de todos/as.

lineaazul 1600

O Xulgado ordena que se siga a causa contra o alcalde de Vilanova de Arousa por un delito leve de falta de respecto á autoridade

12-11-2019 Votos:65 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra emitiu un auto no que decreta o...

O Xulgado decreta o arquivo da investigación do accidente do Novo Marcos

12-11-2019 Votos:62 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra decretou nun auto o sobresemento provisional e...

El Tribunal Supremo fija una serie de criterios para valorar la suficiencia de indicios cuando no hay prueba directa en una senten…

12-11-2019 Votos:81 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

El Tribunal Supremo ha confirmado la condena impuesta por sentencia dictada por la Sala de...

Os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, cos cartos da Deputación da Coruña se mon…

12-11-2019 Votos:66 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, co apoio da...

O piloto Eduardo Iglesias, embaixador da marca turística Lugo Cambia no Rally Dakar 2020

12-11-2019 Votos:68 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

O Presidente da Deputación destacou a gran visibilidade que lle dá á provincia a participación...

A web do Concello de Santiago semella un panfleto das festas de " santo entroido da pachanga " nada que ver con unha ins…

12-11-2019 Votos:58 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

12/11/2019 Un total de 109 tapas competirán no XII Santiago(é)Tapas


13-11-2019 Votos:42 Pontevedra Redacción Xornal Galicia

Aprobada a licenza urbanística para a reforma da estación de autobuses

08-11-2019 Votos:92 Pontevedra Redacción Xornal Galicia

O Concello poderá chegar a débeda “cero” a final de mandato

lineaazul 1600

lineaazul 1600

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+