Información

SOS Sanidade Pública fai un chamamento á mobilización contra o Goberno do PPdeG (Feijóo) pola privatización e desmantelamento da Sanidade Pública

Información
13 Junio 2018 6898 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Plataforma SOS Sanidade Pública denunciou esta tarde, en rolda de prensa, a estratexia global para desmantelar e privatizar a sanidade pública de Núñez Feijóo e o seu goberno. Unha estratexia que pasa por poñer a sanidade pública galega en mans de empresas privadas multinacionais e para a que a consellaría de Sanidade pretende agora cambiar o modelo de concertación ampliando e consolidando a concertación de servizos asistenciais por un período de catro anos con empresas multinacionais que están desembarcando masivamente en Galiza atraídas polo negocio sanitario.

Por iso a plataforma chama a mobilizarse este mércores, día 13 de xuño, ás 20:00 horas, baixo o lema “Acabemos coa corrupción sanitaria do PP” en:

 

- A Mariña: diante do Hospital da Costa

- A Coruña: no Obelisco ás 8 da tarde

- Santiago: Praza do Toural: 20:30 h.

- Barbanza: Praza do concello de Ribeira

- Pontevedra: na Peregrina

- Vigo: Fronte o Marco (Rúa Príncipe)

O portavoz da plataforma, Manuel Martín, explicou que xunto cos recortes emprendidos polo goberno de Feijóo á fronte da Xunta de Galiza puxéronse en marcha un conxunto de medidas destinadas a “favorecer a multinacionais e persoas afíns”. Medidas que supuxeron a desviación de cartos públicos que debían ter sido destinados a financiar a sanidade pública e que provocaron “un incremento da corrupción”.

Martín sinalou, a modo de exemplo, a privatización de recursos fundamentais para a xestión como a información, a historia clínica electrónica ou a cita previa, que se concesionou a Indra; a privatización do Laboratorio central de Galiza; a creación da área de corazón, que se adxudicou a MEDTRONIC ou a asignación do Centro Oncolóxico a Asociación española contra o Cancro, na que están Caixa Bank e Acciona, entre outras.

Isto supuxo, segundo o portavoz de SOS, que se trasladaran inxentes cantidades de cartos públicos a estas empresas que, subliñou, manexan datos sensíbeis de doentes que deberan ser confidenciais.

Privatización da investigación

Xunto a isto denunciou a posta en marcha de medidas de apoio a fundacións como a Ramón Domínguez, para xestionar a investigación biomédica, na que están multinacionais farmacéuticas ou do Clúster de Galiza, onde participa a industria alimentaria e empresas como Pescanova.

Sinalou tamén a participación de multinacionais farmacéuticas na Fundación Xenómica ou a xestión de recursos de alta tecnoloxía do novo hospital de Vigo por parte de Galaria (a antiga MEDTEC).

Ademais denunciou que “houbo unha serie de decisións dirixidas a trasladar ao sistema privado, sobre todo, a Investigación, o desenvolvemento e a formación do persoal” e chamou especialmente a atención sobre a derivación de cartos públicos a esas multinacionais farmacéuticas que “fan investigación que se proba no sistema público e que se sae ben logo patentan e venden esas empresas privadas”.

Toda unha serie de cuestións que supoñen para SOS Sanidade Pública “unha penetración do sistema privado impresionante” que vén agravarse coas últimas medidas postas en marcha: a Reforma da Lei Galega de Saúde, que consolida un modelo que ningunea a Primaria, suprime áreas sanitarias e centraliza a planificación e xestión nos hospitais de referencia e o acordo marco polo que se reforzan os concertos sanitarios coa sanidade privada.

A este respecto Martín lembrou que até o de agora o papel dos centros privados tiña un carácter complementario e subsidiario e que con eles se concertaban patoloxías menores como cataratas ou varices co obxectivo de alixeirar as listas de espera.

Porén, denunciou que co novo modelo pásase a concertar con empresas privadas, por un período de catro anos actividades de consulta, cirurxía, probas diagnósticas e terapéuticas  e mesmo hemodiálise. Un transvase de actividade asistencia que ascende, no caso da Coruña, a un total de 97,5 millóns de euros co agravante de que o persoal facultativo público dberá ir a estes centros privados.

Isto supón “a privatización da bata branca, que Feijóo dixo que nunca faría”  e enormes beneficios para o negocio de empresas sanitarias privadas como Quirón, HM Hospitais ou, no caso da Coruña, o Hospital San Rafael.

Unha situación que para SOS Sanidade Pública é inadmisíbel e pola que chamaron á poboación a mobilizarse contra o desmantelamento e privatización, a pasos axigantados do sistema sanitario público, mais tamén contra a corrupción sanitaria do PP pagada co diñeiro de toda a cidadanía galega.

lineaazul 1600

O Festival Internacional de Cine Rural de Galicia, único festival específico de cine rural que hai en Galicia, é un espazo..

Abarrote na Praza do Concello na primeira xornada do Carballo Food Truck Fest

Así estaba a Praza do Concello á hora da cea

O Carballo Food Truck Fest abarrotou a Praza do Concello. Sobre todo..

Ni la película de los "narcos" ni Jordi Ébola quisieron tocar, las "coincidencias" en las mismas fechas de cargos del PPdeG y Narcotraficantes en el Campo de Gibraltar, unos registrando empresas y los otros descargando fardos sin parar.

En el mismo año del registro de las empresas ZPRUEBA por altos cargos del PPdeG en la Xunta en Melilla corrían malos tiempos en la zona para el PP al estar bajo procesos abiertos por corrupción en Melilla, entre ellos el denominado caso Tosca que investigaba el amaño de contratos públicos, afectan a empresas privadas acusadas de colaborar en la...

13-09-2019 Votos:903 Reportaxes a fondo Redacción Xornal Galicia

Así estaba a Praza do Concello á hora da cea

O Carballo Food Truck Fest..

El concejal de Urbanismo y Movilidad, Juan Díaz Villoslada, ha recibido esta mañana..

lineaazul 1600

María del Mar Sánchez Sierra según el Consello de Contas es la segunda política que más dinero mueve en la Xunta de Galicia incumpliendo las normativas de contr…

12-09-2019 Votos:824 Xunta de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Que la censura y la oscuridad más absoluta REINA Y ESTA AFINCADA en la Secretaría de Medios ya no es una novedad, que decenas de medios de comunicación le acusan...

Feijóo va a Varsovia hablar de fondos europeos mientras su asesora Mar Sánchez Sierra tiene censurada toda información …

09-09-2019 Votos:1340 Noticia destacada de Galicia Redacción Xornal Galicia

Carlos II, el rey hechizado por la alquimia "Les hablo de Europa con pasión, porque así...

" SOMOS MOI DE MONTE " - " SI VES LUME 085 " campaña de la Secretaría de Medios: Galicia carece de …

06-09-2019 Votos:2085 Noticia destacada de Galicia Redacción Xornal Galicia

No hay dinero público para controlar los incendios y María del Mar dilapida millones de...

Paraiso. Ven a Asturias portada National Geographic. En Galicia Mar Sánchez Sierra afirma que " somos moi de monte …

01-09-2019 Votos:2696 Noticia destacada de Galicia Redacción Xornal Galicia

Una promoción turística y un gabinete de comunicación que falla como la Secretaría de Medios...

Piden investigar todos os bens inmatriculados da igrexa na Galiza desde 1946

28-08-2019 Votos:3026 Noticia destacada de Galicia Redacción Xornal Galicia

Rexistran no Parlamento galego unha batería de iniciativas instando á xunta de Galiza a demandar...

El periodista de la Voz LUIS CARLOS LLERA deja entrever acusaciones de "latrocinio y extorsión" contra Abel Ca…

28-08-2019 Votos:3533 Noticia destacada de Galicia Redacción Xornal Galicia

Que hay una guerra abierta por el Campo de Fútbol de Balaidos no es nada...

Caballero destaca a "explosión" do turismo en Vigo tras "bater todos os récords históricos de Vigo "…

25-08-2019 Votos:3705 Noticia destacada de Galicia Redacción Xornal Galicia

O alcalde avanzou este venres os datos de ocupación hoteleira rexistrados durante o pasado mes...

Feijóo se tira "el moco" con la defensa de la tercera edad, y oculta de forma intencionada y malévola, que ent…

13-09-2019 Votos:338 Portada Redacción Xornal Galicia

Las denuncias y los malos tratos son la norma habitual sobre las residencias de ancianos que dependen del Gobierno de Feijóo, como respuesta la Xunta de Galicia utilizando los recursos públicos desde la Secretaría de Medios que preside Mar Sánchez Sierra fuerza un comunciado para privatizar 7 centros de atención a personas mayores "ciscados por todo Galicia" y implica a...

lineaazul 1600

La gran mentira..- Ramiro Carregal, con 89 años y dueño de la conservera Frinsa, afirma que a cotizado 87 años contribuidos

16-06-2019 Votos:1609 Preguiza Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Ampliar fotoRamiro Carregal (derecha), en una imagen de archivo. ÓSCAR CORRAL “La gente me para por la calle y me pregunta: ¿cómo puedes haber cotizado 87 años a la Seguridad Social si...

Denuncian que el presidente del PP en A Coruña, Diego Calvo, percibe "8.000 euros mensuales por rascar la barriga"

26-06-2019 Votos:3558 Preguiza Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

El alcalde de Ferrol acusa a Calvo de cobrar "8.000 euros por rascarse la barriga" Redacción | Santiago 25.09.2018 | 02:18 El alcalde del municipio de Ferrol, Jorge Suárez, aseguró ayer que el...

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+