Información

CCOO insta ao PPdeG e Feijóo na Xunta a tomar medidas tras a suba do paro rexistrado por cuarto mes consecutivo

Información
05 Diciembre 2018

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOOO sindicato coida «inaceptable» que o Goberno galego non modifique os orzamentos nin actúe contra a precariedade e a rotación laboral

 

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) insta a Xunta a tomar medidas tras a suba do paro rexistrado por cuarto mes consecutivo.

 

O sindicato coida «inaceptable» que o Goberno galego non actúe contra a precariedade nin a rotación laboral, máis aínda cando Galicia continúa con peores datos ca a media do Estado, onde o desemprego descendeu lixeiramente.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

Segundo a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, Galicia segue «ancorada nun modelo produtivo que non deixa crear postos de traballo nin riqueza». Para mudar as cousas, debe cambiar o modelo produtivo, xunto cunha aposta polo emprego de calidade. Ademais, hai que estender ás empresas medidas para mellorar a calidade do emprego, aproveitando o crecemento económico.

A sindicalista manifesta a súa «decepción» pola falta de reacción da Xunta de Galicia, pois non introduciu variacións no proxecto de orzamentos para o 2019. «De seguirmos así, será un ano máis perdido, pois malia que medra a economía, non se traduce en consolidación de emprego nin é de calidade», lamenta. Por último, Bouza avalía negativamente os índices de protección social, que «aínda son baixos». Por esta razón, afirma que «é o momento» de aproveitar a situación de mellora económica para recuperar dereitos perdidos durante a crise.

Paro rexistrado

O paro rexistrado volve subir en Galicia. En novembro aumentou por cuarto mes consecutivo: 625 persoas paradas máis ca no mes de outubro, o que equivale a un incremento do 0,37 %, mentres que na media estatal baixou en 1836 persoas. O número de persoas paradas inscritas nas oficinas do SEPE ascendeu ata 170.369, das que o 58 % son mulleres.

Por sexos, a suba do paro rexistrado concentrouse nos homes (1287 parados máis fronte a 662 paradas menos) e, por grandes grupos de idade, nas persoas de 25 ou máis anos (704 persoas paradas máis fronte a 79 persoas paradas menos menores de 25 anos). Canto á análise por sectores, o paro rexistrado sobe en todos eles agás na industria (71 persoas paradas menos) e no colectivo sen emprego anterior (231 persoas paradas menos); a suba máis acusada dáse na agricultura (313 persoas paradas máis, +5,15 %), na construción hai 262 persoas paradas máis (a suba é do 1,89 %) e nos servizos 352 máis (+0,30 %).

Desde o mes de novembro de 2017, deixan de constar como paradas 16.806 persoas nas oficinas do SEPE na nosa comunidade (un descenso do −8,98 %). Na comparación anual, o descenso máis acusado segue dándose nos homes e por sectores de actividade, na construción.

Análise da contratación

A contratación segue nutríndose da precariedade. Os contratos indefinidos mantéñense ao redor do 10 % sobre o total de contratos rexistrados. En concreto, no mes de novembro rexistráronse 84.427 contratos e, deles, 76.353 foron temporais (representan o 90,44 % da contratación) e só 8074 indefinidos (9,56 % do total). En termos mensuais baixou a contratación e con máis forza a indefinida: 1979 contratos indefinidos menos (−19,69 %) e 17.078 temporais menos (−18,28 %). Na comparación anual, rexistráronse 4402 contratos máis: 3004 temporais máis (+4,10 %) e 1398 indefinidos máis (+20,94 %).

Afiliación á seguridade social

Galicia tamén perde ocupación por cuarto mes consecutivo e a evolución da afiliación continúa sendo peor ca na media estatal. En novembro había 3327 persoas afiliadas menos ca en outubro, o que equivale a unha redución do 0,33 % (na media estatal, a baixada foi do 0,25 %), co que a cifra de afiliación total en Galicia quedou en 1.009.871 persoas (fronte a 1.064.973 de dez anos). Segundo o réxime, hai 2929 afiliacións menos no réxime xeral (inclúese o agrario e o do fogar), 384 menos no réxime de autónomos e 14 menos no do mar.

A perda de afiliación no mes de novembro de 2018 (o descenso foi do 0,33 %) foi maior ca en anos anteriores: no 2017 reducíase un 0,08 %, no 2016 un 0,31 % e no 2015 a diminución era do 0,22 %.

En comparación co mes de novembro de 2017 hai 20.714 afiliacións máis en Galicia, o que supón un aumento do 2,09 % (un ano antes producíase unha suba do 2,13 %). Na comparación anual tamén quedamos atrás: a afiliación media á seguridade social na nosa comunidade avanzou un 2,09 %, mentres que na media estatal fíxoo un 2,87 %.

Prestacións por desemprego

O 46,31 % das persoas paradas con experiencia laboral carece de prestación por desemprego (son 71.663 persoas) e só o 45 % das que a perciben cobran unha prestación contributiva. Así pois, en outubro de 2018 había 83.085 persoas cobrando unha prestación por desemprego: 37.532 percibían unha prestación contributiva (o 45,17 % do total das prestacións), 37.309 un subsidio por desemprego (o 44,90 %), 7869 a renda activa de inserción (9,47 %) e 375 correspondían ao programa de activación de emprego (0,45 %).

Polo tanto, segundo se deduce dos datos do SEPE, a taxa de cobertura (cociente entre o número de persoas beneficiarias de prestacións por desemprego e o número de persoas paradas rexistradas con experiencia laboral) en outubro de 2018 era do 53,69 % e segue caendo o gasto en protección por desemprego (en outubro baixa nun 3,3 % en relación co mesmo período do ano anterior).

lineaazul 1600

A policía intercepta un pesquero con 1.500 quilos de cocaína con destino ás costas de Galicia.

Unha embarcación cargada con 1.500 quilos de cocaína foi interceptada en augas internacionais próximas a Canarias nunha operación na que foron detidos os sete marineros que se atopaban a bordo...

21-05-2019 Votos:68 Galicia Redacción Xornal Galicia

José Manuel López Varela, Alcalde por el PPdeGalicia coloca baderas azules en las aguas contaminadas con vertidos fecales de Caion por abandono de su gobierno de la decantadora construída en el 2011

Feijóo utiliza a la próxima candidata al Concello de A Coruña, Beatriz Mato (relacionada con la Operación Zeta cursos y presuntas mordidas al PPdeG según el imputado) para poner su...

21-05-2019 Votos:82 Galicia Redacción Xornal Galicia

Vecinos de Vilalva declaran al PP especie invasora en el Concello ante las declaciones de Feijoo en las que afirma que e…

21-05-2019 Votos:213 Galicia xornalgalicia

Según o Diario o Progresod e Lugo Feijóo afirmou que en Vilalba, é "onde empezou todo". El líder del PPdeG...

Denuncian que o PPdeGalicia utiliza a Xunta para retrasar o permiso da apertura da residencia da Fonsagrada

21-05-2019 Votos:62 Galicia xornalgalicia

Formalizado o contrato e rexeitada pola xustiza a solicitude de PP e non adscrito de paralizar a posta en funcionamento...

Goretti do BNG ofrece axudas públicas A 34 fundaciónsen campaña electoral, ofrecendo sobrados indicios de DELITO ELECTOR…

21-05-2019 Votos:61 Galicia xornalgalicia

Goretti edil do Concellod e Santiago porría estar infrinxindo a Lei electoral ao usar fondos públicos para JACTARSE E BENEFICIARSE ...

VÍDEO VERQUIDO AUGAS FECAIS NO PORTO DE CAIÓN

21-05-2019 Votos:67 Galicia xornalgalicia

O BNG DA LARACHA PREGUNTOU AO GOBERNO MUNICIPAL DA LARACHA POLA XESTIÓN DA DECANTADORA DE CAIÓN E NON RECIBIU RESPOSTA Hai...

Santa Colomba de Somoza reanuda las obras de la Calle Real de Foncebadón en pleno Camino de Santiago a pesar de no conta…

21-05-2019 Votos:71 Galicia xornalgalicia

Cuando han pasado apenas quince días desde que la Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS) diese a conocer la contestación...

El alcaldable de Laracha "PPdeG" come y promociona Callos en campaña electoral 26M y a los vecinos/as de la Vi…

21-05-2019 Votos:465 Galicia xornalgalicia

Pladesemapesga insta al Alcalde de Laracha (PPdeG) José Manuel López Varela a recuperar las fecales que tira al Mar de...

SOBRE LA ENTREVISTA AL PTE FEIJOO EN COPE-GALICIA, EL HUNDIMIENTO ELECTORAL DEL PP Y LA NECESIDAD DE UN GRAN CENTRODCHA …

20-05-2019 Votos:91 Galicia xornalgalicia

HE escuchado, hoy, lunes, 20-05-19, la entrevista que le ha hecho al Pte Feijóo, en la Cope Santiago-Galicia, en el...

El Fuerza Cuatro ratifica con una nueva victoria su triunfo en la 23ª Regata Almirante Rodríguez Toubes – V Centenario 1…

20-05-2019 Votos:164 Galicia xornalgalicia

Fotos y Crónica Final 23ª Regata Almirante Rguez Toubes - V Centenario 1ª Vuelta al Mundo >Nuevamente acompañaron las condiciones meteorológicas...

Exclusiva; Documentada la contaminación por residuos fecales en las viviendas y aguas de Caión que quieren multiplicar con un "pelotazo urbanístico" en a Insua el alcalde José Manuel Lopez Varela.

El alcalde de Laracha José Manuel López Varela en campaña electoral por el ( PPdeG ) le sirve por desidia un menu de "fecales" a los vecinos y turistas de la Villa de Caión; Ofrecemos en exclusiva un video de la salida del alcantarillado a través de la "abandonada " decantadora de Caión con todo tipo de residuos domesticos y...

20-05-2019 Votos:402 Reportaxes a fondo Redacción Xornal Galicia

Adelaida Dominguez Mouriño recibió a través de 3 cif,s de la Secretaría de Medios más de 30 mil euros presuntamente vulnerando la Ley de Contratos Menores.

María del Mar Sánchez Sierra autorizó y firmó personalmente la RESOLUCIÓN con la adjudicación de al menos tres contratos con distintos nifs a la misma adjudicataria y persona única ADELAIDA DOMINGUEZ MOURIÑO, que superan los 18 mil euros....Y lo hizo a pesar de que la Ley de CONTRATOS MENORES EN LA LEY DE CONTRATOS DEL SECTOR PÚBLICO lo prohibe expresamente y...

18-05-2019 Votos:299 Reportaxes a fondo Redacción Xornal Galicia

lineaazul 1600

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.

lineaazul 1600

lineaazul 1600

Defende A Galega: "Os medios públicos son os de todos os que queremos estar informados"

03-05-2019 Votos:1060 Xunta de Galicia Redacción Xornal Galicia

Os comunicadores da CRTVG Tati Moyano e Carlos Jiménez, en representación de Defende A Galega, recollen hoxe en Ferrol o...

Os concursos permanentes ou como rematar co caciquismo na Xunta orquestado polo PPdeG

24-04-2019 Votos:1830 Xunta de Galicia Redacción Xornal Galicia

Imaxinade que queda unha vacante nun lugar que vos interesa ou hai un posto de nivel apetecible. Imaxinade que a...

OS SOCIALISTAS ACUSAN AO GOBERNO DE FEIJOO (PPDEG) NA XUNTA DE TER INCREMENTADO A DÉBEDA EN 6.483 MILLÓNS DE EUROS DENDE…

12-04-2019 Votos:2354 Xunta de Galicia Redacción Xornal Galicia

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe á Xunta de ter disparado a débeda de...

OS SOCIALISTAS COMPARAN OS INFORMATIVOS DA CRTVG CUN “STREAMING DUN MITIN DO PP”

29-03-2019 Votos:3566 Xunta de Galicia Redacción Xornal Galicia

Noela Blanco critica a “dobre vara de medir” no tratamento do goberno socialista e do PP e advirte que o...

Galicia presenta un déficit do 40% na dotación de persoal que atende á saúde mental no Sergas

21-03-2019 Votos:4190 Xunta de Galicia Redacción Xornal Galicia

Segundo o informe elaborado polo Movemento Galego da Saúde Mental, Galicia conta conta cun 62% dos profesionais sobre o recomendado...

Denuncian que o Goberno de Feijóo esta intentando quitar dos comedores escolares ao personal para suplilo por mais cater…

15-03-2019 Votos:3959 Xunta de Galicia Redacción Xornal Galicia

Chegou á CIG un ruxe-ruxe que fala dunhas reunións da Xunta con certos sectores da alimentación relacionados directamente con provedores...

lineaazul 1600

Denuncian que o Goberno de Feijóo na Xunta de Galiza paraliza os concursos de traslados do seu persoal con fins política…

17-05-2019 Votos:179 Portada Redacción Xornal Galicia

O último gran concurso de traslados na Xunta convocouse o 20 de maio de 2015 e abriuse o prazo de...

Feijóo non so esquece aos galegos da Galiza, tamen a todos os que reclaman espazos, dereitos e facilidades para os novos…

17-05-2019 Votos:299 Portada Redacción Xornal Galicia

O Día das Letras Galegas se reivindica a lingua e a cultura galega. O Goberno de Feijóo a través da...

Centros juveniles salesianos lanzan una app para prevenir el consumo de alcohol en menores mientras Casado y Feijóo lo f…

07-05-2019 Votos:501 Portada Redacción Xornal Galicia

Centros juveniles salesianos lanzan una app para prevenir el consumo de alcohol en menores • La Confederación de Centros Juveniles Don...

EXPEDIENTE SANCIONADOR A UN MUNICIPIO LEONÉS POR LA PAVIMENTACIÓN DEL CAMINO DE SANTIAGO EN EL ENTORNO HISTÓRICO DE FONC…

06-05-2019 Votos:644 Portada Redacción Xornal Galicia

La iniciativa tuvo lugar a partir de la solicitud de información desde la Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS)...

Javier Krahe xa ten a súa propia escultura na cidade, á que Lugo lle deu a benvida cunha actuación musical

06-05-2019 Votos:604 Portada Redacción Xornal Galicia

O músico Javier Krahe ten dende hoxe a súa propia escultura en Lugo, concretamente na zona verde da rúa Paxariños...

A Holi Life, o maior evento de cores de Europa, volve un ano máis a Vigo cun chamamento en defensa da igualdade coas mul…

06-05-2019 Votos:589 Portada Redacción Xornal Galicia

O evento lúdico-deportivo terá lugar o domingo 12 de maio e os participantes gozarán dun percorrido de cinco quilómetros co...