Información
A Coruña

306.000 euros para socorrismo das piscinas e praias fluviais de 43 concellos da provincia

Información
16 Abril 2019 373 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación financia con 306.000 euros os servizos de socorrismo das piscinas e praias fluviais de 43 concellos da provincia

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o venres a concesión das subvencións para os servizos de salvamento en concellos do interior da provincia, que financia a Deputación da Coruña con 306.000 euros.

 

A través desta liña de axudas, 43 concellos coruñeses custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais. As achegas da Deputación van desde os 3.521 aos 9.806 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello.

A comarca de Santiago, ao contar co maior número de concellos de interior, concentrará preto da metade destas axudas, un total de 149.594,23 euros.

Pola súa banda, na zona da Coruña e As Mariñas achéganse 59.376,87 euros, que se repartirán entre os concellos de Abegondo, Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Sobrado, Vilasantar e Oza-Cesuras.

En Ferrol, Eume e Ortegal, a Deputación concedeu un total de 51.065,31 euros para os concellos da Capela, Cerdido, Moeche, Monfero, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior.

En canto á Costa da Morte e Bergantiños, contarán con servizos de socorrismo financiados pola Deputación a piscina da Silva e o parque acuático de Cerceda, a piscina de Vimianzo e as instalacións acuáticas municipais de Zas e Coristanco. A institución provincial achega 31.501,45 euros.

Por último, na zona do Barbanza a Deputación financiará a contratación de socorristas nos dous concellos que non teñen costa, Lousame e Mazaricos, achegando un total de 14.462,14 euros. 

Otros articulos relacionados.....