El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf

Información
A Coruña

Caaveiro, o dolmen de Dombate, o pazo de Mariñán e os batáns de Mosquetín e outros elementos patrimoniais contarán con visitas guiadas

Información
05 Julio 2019 521 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación amplía durante  o verán os horarios e servizos de atención a visitantes nos monumentos do patrimonio provincial

A Deputación da Coruña amplía durante o verán os horarios e servizos de atención a visitantes dos diversos monumentos e edificios que forman parte do patrimonio histórico-artístico provincial.

 

Durante a época estival, o Pazo de Mariñán, en Bergondo, permanecerá aberto ao público dende ás 9.00 ás 21.00 horas. Ademais de visitar os xardíns do pazo, con máis dun centenar de especies de plantas e árbores procedentes dos cinco continentes, entre os que están os eucaliptos máis antigos de España nacidos das sementes traídas de Australia por Fray Rosendo Salvado ou a colección de mirtos máis valiosa de Galicia, os visitantes terán a oportunidade de participar, de 11 da mañá a 8 da tarde, cada 45 minutos, en visitas guiadas polo interior do edificio do século XVIII, e de coñecer de primeira man as numerosas historias que gardan as súas paredes de pedra.

O Dolmen de Dombate, situado en Cabana de Bergantiños e considerado "a catedral do megalitismo galego", poderase visitar todos os días entre as 9.00 da mañá e as 21.00 horas e habilitaranse visitas guiadas en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e tarde (de 16 a 21 horas) da man de expertos que explicarán os seus 6.000 anos de historia, a importancia do megalitismo na Costa da Morte e as accións levadas a cabo pola Deputación para a recuperación e posta en valor do megalito. Os dolmens de Axeitos (Ribeira) e Cabaleiros (Tordoia), de acceso libre, completan a oferta de visitas ao patrimonio megalítico da provincia coruñesa.

Tamén na Costa da Morte, a Deputación ofrece a posibilidade de visitar as Torres do Allo, no concello de Zas, entre as 11.00 e as 20.00 horas, con visitas guiadas de 13 a 17 horas; e o Forno do Forte, en Buño (Malpica) de martes a sábado en horario de mañá e tarde e os domingos de 10 a 14 horas.

Tamén están abertos ao público os Batáns de Mosquetín (con visitas libres todos os días e guiadas os sábados e domingos ás 11.00 e ás 18.00 horas), e o Castelo de Vimianzo, que contará con visitas libres diarias 10.30 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.30 horas, visitas guiadas ás 12.00 horas e visitas guiadas e teatralizadas a fin de semana.

Servizo especial de transporte ao mosteiro de Caaveiro

O mosteiro de Caaveiro, un cenobio do século X situado nun promontorio sobre as Fragas do Eume, o bosque atlántico mellor conservado de Europa, permanecerá aberto ao público ata o 15 de setembro, entre as 9 de mañá e as 21.00 horas.

No parque natural restrínxese o uso de vehículos durante a época estival, debido ao elevado número de visitantes, polo que a Deputación pon a disposición, como cada ano, un servizo especial de transporte en autobús dende o Centro de Interpretación ata o mosteiro, co obxectivo de facilitar a accesibilidade.

Este servizo estará en funcionamento todos os días entre as 10.45 e as 20 horas, con frecuencias cada hora. As visitas guiadas a Caaveiro serán todos os días de 10.30 h. a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Todos os monumentos do patrimonio etnográfico e histórico da Deputación da Coruña poden visitarse con carácter gratuíto.

Máis info. en:

https://www.dacoruna.gal/patrimonio

https://www.dacoruna.gal/patrimonio%20%20%20%20%20https://turismo.dacoruna.gal/gl/descubre/patrimonio-provincial%20%20%20" style="box-sizing: border-box; color: rgb(92, 150, 205); text-decoration: none; background-color: transparent; touch-action: manipulation; transition: color 0.3s ease 0s; outline: none;">https://turismo.dacoruna.gal/gl/descubre/patrimonio-provincial

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....