Información
A Coruña

A veciñanza depositou no primeiro semestre deste ano un total de 75.000 pezas de téxtil

Información
07 Julio 2019 200 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Proceso de clasificación das prendas

Proceso de clasificación das prendas

Humana Fundación Pueblo para Pueblo, organización que desde 1987 promove a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación ao desenvolvemento en África, América Latina e Asia así como de apoio local en España, recuperou 36.457 de téxtil usado en Carballo no primeiro semestre de 2019 cun fin social e ambiental, o que representa un 7% máis que no mesmo período do ano pasado (34.125 kg).

 

Este rexistro equivale a 75.000 pezas, que serán reutilizadas ou recicladas e alongarán o seu ciclo de vida útil. As doazóns proceden dos contedores verdes situados en lugares de fácil acceso onde se deposita a roupa, o calzado, os complementos e o téxtil de fogar que xa non se utilizan, pero están en bo estado e poden ter unha segunda vida. O servizo é gratuíto e representa un aforro importante nos gastos de recollida e tratamento de residuos urbanos.

A reutilización e a reciclaxe de téxtil ten un beneficio ambiental: contribúe ao aforro de recursos, a protección do medio ambiente e a loita contra o cambio climático. As máis de 36 toneladas recollidas de xaneiro a xuño representan un aforro de 115 toneladas de CO2 á atmosfera, cousa que o planeta agradece.

“Humana consolidouse como un axente da economía social, a economía verde e a economía circular. Xera recursos, emprego, incide no ámbito local e promove o desenvolvemento na contorna máis próxima”, asegura Darío Gómez, responsable da Fundación en Galicia, que engade: “A nivel social, os nosos programas tanto en España como no Hemisferio Sur involucran a decenas de miles de persoas, cuxas condicións de vida melloran grazas aos recursos obtidos coa valorización do residuo téxtil que permiten financiar devanditos proxectos”. 

O destino da roupa usada

As pezas depositadas nos contedores de Humana teñen dous destinos: o 85% trátase nas tres plantas de preparación para a reutilización da Fundación (en Madrid, Barcelona e Selecta) e o resto véndese a empresas de reutilización e reciclado. O destino das pezas tratadas é:

  • O 52% destínase á reutilización: o 13% a través das tendas secondhand de Humana en España e o 39% expórtase, principalmente a África, para ser vendido a prezos baixos e así xerar recursos para a cooperación ao desenvolvemento.
  • O 37% atópase nun estado que non permite a súa reutilización polo que se vende a empresas de reciclaxe téxtil para que elaboren outros produtos como mantas, illantes ou trapos para a industria de automoción.
  • O 2% son residuos impropios (plástico, cartón, outros) que se poñen en mans dos xestores autorizados correspondentes.
  • O 9% non se pode reutilizar nin reciclar nin valorizar enerxeticamente e envíase a un centro de tratamento de residuos para a súa disposición final.

Dous grandes beneficios sociais derívanse da xestión sustentable do residuo téxtil: o primeiro é a xeración de emprego verde e a contribución á economía social, xa que fomenta a creación de postos de traballo inclusivos, estables e de calidade. Humana xera un emprego indefinido por cada 36.000 kg de téxtil recollido.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+