Información
A Coruña

Buscan os mellores lugares da provincia de A Coruña para ler este verán

Información
08 Julio 2019 232 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación da Coruña busca os mellores lugares da provincia para ler este verán

A Deputación da Coruña busca os mellores lugares da provincia para ler este verán. A Biblioteca Provincial e a área de Turismo convocan a sétima edición do concurso de verán #HoxeLeoEn para animar á lectura durante o periodo estival e promocionar as mellores paisaxes da provincia para facelo.

 

Para participar no concurso só se require ser maior de idade. Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías nas que amosen o libro que están lendo e o seu lugar favorito da provincia para gozar da lectura durante o verán.

As fotos deben indicar o lugar onde se toma a imaxe e o libro e autor/a do mesmo e difundirse a través das redes sociais Twitter, Facebook ou Instagram, seguindo e mencionando a @bibliodacoruna e @DACTurismo e incorporando a etiqueta #HoxeLeoEn. Tamén poden enviarse directamente por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

O prazo de presentación das fotografías vai do 8 de xullo ao 31 de agosto, ambos os dous incluidos. O premio consistirá nunha viaxe cultural a unha capital europea para dúas persoas.

A persoa que resulte galardoada no sorteo recibirá a comunicación do premio o día 9 de setembro polo mesmo medio no que participou, e/ou polos datos de contacto remitidos obrigatoriamente por correo electrónico.

A data do acto de entrega do premio, que terá lugar na Biblioteca da Deputación da Coruña, será anunciada xunto co nome da persoa gañadora o día 9 de setembro. É requisito imprescindible para a aceptación do premio a recollida presencial deste no acto público que se detallará o día do anuncio do nome da persoa gañadora.

Bases e máis info en:

http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/vii-concurso-hoxeleoen-buscando-escenarios-de-lectura-na-provincia-da-coruna/

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+