A Deputación adxudica por 360.265 euros as obras de construción dunha senda peonil de 3 quilómetros que sae a 12o euros metro de camiño...Sen díbida unha voa inversión..?

Información
A Coruña | 31 Julio 2019 | 1043 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Deputación adxudica por 360.265 euros as obras de construción dunha senda peonil que conectará os núcleos da Balada e Vilar de Ferreiros, en Santiso

A Deputación da Coruña investirá 360.265 euros na mellora da seguridade viaria da estrada provincial DP 4603,ao seu paso polos núcleos da Balada e Vilar de Ferreiros, no termo municipal de Santiso.

A sede da Deputación acolleu hoxe a sinatura do contrato para a execución das obras, que comezarán nas vindeiras semanas e que suporán a construción dunha senda peonil de 2.800 metros de lonxitude entre os puntos quilométricos 7+600 e 10+400 do citado vial, unha zona que atravesa tres núcleos rurais nos que hai numerosas vivendas dispersas, a pesar do cal non existe (agás un pequeno e antigo tramo de beirarrúas en Balada) unha conexión peonil segura que permita á veciñanza realizar os seus desprazamentos en condicións de seguridade.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600