Información
A Coruña

Ines Rei elimina a prestación de servicios das bibliotecas a a Emvsa que preside ela mesma para poder adxudicalas mediante privatización do servizo

Información
13 Agosto 2019 314 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xunta de Goberno aprobará deixar sen efecto o encargo a Emvsa para lle prestar servizos bibliotecarios á Rede de Bibliotecas Municipais da cidade (Ágora, Fórum, Sagrada Familia, Os Rosales e Infantil e Xuvenil), así como os servizos de apoio técnico e operativo, co propósito de poder seguir a tramitación do servizo. Desta maneira, quedará sen efecto o encargo á entidade municipal de vivendas co fin de tramitar a licitación dun novo servizo que garanta os postos de traballo dos actuais traballadores/as das bibliotecas.

 

Na área de Infrestructuras, a Xunta de Goberno somete a aprobación a contratación das obras de repavimentación de calzadas no distrito 8 que comprende as zonas de Eirís, Oza, Casablanca e As  Xubias e o distrito 9 que inclue Mesoiro, Pocomaco e campus de Elviña, cuxo custo ascende a 508.325,27 euros.

Por outra banda, tamén se lle dará luz verde ao proxecto do Bosque das Cinco Illas, por un importe de 1.764.664,60 euros. Trátase dunha reforma integral e de mellora das zonas verdes que rodean o barrio dos Rosales. O bosque ocupará un espazo de 84.000 metros de gran valor ambiental e ecolóxico, destinado a mellorar a calidade de vida da veciñanza. O proxecto recolle a creación dunha zona de xardín e de arboredo, árbores froiteiras, zonas de lecer, xogo e espazos para facer deporte. Conectará o barrio dos Rosales co Monte de San Pedro. Será o parque máis grande da cidade, despois do de Bens e do de Eirís.

A Xunta de Goberno acordará outorgarlle á Axencia Galega de Infraestruturas a licenza para rehabilitar o edificio administrativo da rúa Gregorio Hernández, número 2. A antiga delegación de Sanidade converterase así no novo espazo público Amizar, que o Goberno autonómico destinará a servizos sociais. O prazo para iniciar as obras será de 6 meses e de 24 para as executar.

Outro dos asuntos aos que lles dará o visto e prace a Xunta de Goberno Local é á designación de varias/os concelleiras/os como representantes municipais nos distintos órganos colexiados de interese público.

A alcaldesa, Inés Rey, presidirá o Consello de Administración de Emvsa, que contará coa presenza dos edís socialistas Juan Manuel Villoslada e Yoya Neira. Tamén serán designados Beatriz Mato, Rosa Gallego e Roberto Deus polo Partido Popular; Silvia Cameán e  Xiao Varela pola Marea Atlántica; e Avia Veira polo BNG.

Tamén Inés Rey e o edil de Cultura, Jesús Celemín, serán nomeados representantes do Goberno local no Consorcio para a Promoción da Música, que contará no seu consello coa presenza de: Roberto Coira, do Partido Popular; Iago Martínez, da Marea Atlántica, Iago Martínez; e Mónica Martínez, de Cidadáns.

Diana Cabanas, edila de Turismo, e Jesús  Celemín representarán o concello no Consorcio de Turismo, mentres que o Partido Popular e a Marea Atlántica estarán representados por Alberto Lema e Nazareth Cendán, respectivamente.

Inés Rey presidirá o padroado da Fundación Luís Seoane, que contará no seu consello co concelleiro Iago Martínez, da Marea Atlántica, e coa concelleira do BNG, Avia Veira.

A Xunta de Goberno Local designa para o Consello de Administración de Emalcsa a alcaldesa, Inés Rey, e as e os concelleiros Esther  Fontán, titular de Medio Ambiente, e José Manuel Lage, voceiro e responsable de Réxime Interior. Por parte do PP, a Beatriz Mato, Roberto Rodríguez e Teresa Gutiérrez. Do grupo da Marea Atlántica nomea a María García e Iago Martínez. O portavoz do BNG, Francisco Jorquera, será o representante dos nacionalistas neste órgano.

Tamén se nomeará a alcaldesa como presidenta do padroado da Fundación Emalcsa. Yoya Neira, Juan Ignacio  Borrego (PSOE), Roberto García, Esperanza  Peñalosa, Teresa Gutiérrez (PP), Silvia Cameán, María García (Marea) e Francisco Jorquera (BNG) tamén estarán no padroado.

O consello de EDAR Bens terá como representantes a Inés Rey e Esther Fontán por parte do Goberno local e a Esperaza Peñalosa, María García e Mónica Martínez, do PP, Marea e Cidadáns, respectivamente.

Por último, a Xunta ratificará unha multa de 12.100 euros a un establecemento situado na rúa Rey Abdulah por superar os niveis máximos de ruídos permitidos. O local dispón de permiso para a actividade de café teatro.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+