204.783 euros ás obras a renovación do terreo de xogo do campo de fútbol de Gallamonde

Información
A Coruña | 13 Septiembre 2019 | 2290 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Deputación destina 204.783 euros ás obras a renovación do terreo de xogo do campo de fútbol de Gallamonde, en Miño

A Deputación da Coruña investirá 204.783 euros nas obras de renovación do campo de fútbol municipal de Gallamonde, en Miño, dotándoo dun novo terreo de xogo de céspede artificial de última xeración e sistema de rego.

A institución provincial financiará o 100% do investimento a través dun convenio co Concello de Miño que vén de ser aprobado na comisión de Deportes e que será referendado definitivamente polo pleno provincial mañá venres.