Os alumnos do Instituto Santiago Apóstol de Bós Aires pasan olimpicamente da visita de Feijóo a Arxentina preferindo reunirse con Formos da Deputación de A Coruña

Información
A Coruña | 16 Septiembre 2019 | 2021 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

González Formoso recibe na Deputación a un grupo de alumnos do Instituto Santiago Apóstol de Bós Aires

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, recibiron esta mañá a unha delegación de alumnos do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol, da cidade de Bós Aires.

Os escolares, que cursan o último ano de Secundaria, realizan estes días a súa viaxe de fin de estudos e coñeceron hoxe a sede da Deputación tras a invitación realizada por González Formoso na súa visita oficial a Arxentina o ano pasado.

Durante os quince días de estancia, os mozos e mozas, entre 17 e 18 anos, terán a oportunidade de descubrir múltiples lugares da xeografía coruñesa e galega.