Villoslada reuniuse coa subdelegada do goberno co fin de coñecer o estado das actuacións que dependen do Estado Central

Información
A Coruña | 26 Septiembre 2019 | 1872 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá coa subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, co fin de coñecer o estado das actuación das diferentes infraestruturas de titularidade estatal na cidade e mais na área metropolitana.

 

Entre as cuestións tratadas no día de hoxe, o edil de Urbanismo salientou a necesidade da execución do Vial 18 en coordinación co Concello de Culleredo, "unha das prioridades sobre mobilidade para este Goberno local", explicou.

Por outra banda, no encontro abordouse tamén a execución da pasarela entre Pedralonga e Palavea, unha vella demanda da veciñanza da zona.

Villoslada agradeceu a comprensión e a dispoñibilidade amosada por Pilar López-Rioboo para tratar estes proxectos estratéxicos, xa que son demandas que comprende, son prioritarias para a cidadanía.

A subdelegada do Goberno coincidiu na urxencia de ambas as dúas infraestruturas e confía en que se liciten e executen dun xeito inmediato.