Información
A Coruña

O PSdeG de A Coruña afirma que todos os nenos e nenas de A Coruña tendrán bolsas comedor e que ningún se quedará sen comer.

Información
16 Octubre 2019 1008 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Yoya Neira, compareceu esta mañá na comisión especial de Benestar para explicar o procedemento de convocatoria de subvencións comedor para o curso escolar 2019-2020. Asegura que fará un seguimento individualizado das nenas e nenos en situación de exclusión social que non obtiveron as bolsas. "Ningunha nena ou neno en exclusión social quedará desprotexida/o". Conscientes da realidade social que viven moitas das familias, cuxos proxenitores teñen débedas, a concellería estuda xa desde o punto de vista xurídico a ordenanza e a convocatoria do próximo ano para evitar este tipo de situacións. Neira explicou que se están analizando a Lei de subvencións do Estado e a Lei de subvencións de Galicia por ver se existe outra posibilidade de interpretación legal para lles dar saída a estes casos.

 

Neira tamén lembrou que a convocatoria para as bolsas comedor 2019-2010 fíxose o 17 de abril do 2019, mentres que o ano anterior convocouse o 15 de marzo, é dicir, un mes antes. Ademais, explicou a concelleira, o ano pasado máis da metade dos expedientes foron simples renovacións. O ano pasado, sinalou, permitíuselles ás persoas beneficiarias da bolsa do ano anterior facer unha declaración responsable de que as súas condicións non variaran.

Tamén salientou que ata o 21 de agosto non se puideron solucionar todos aqueles casos tramitados a través da Xunta. Neira quixo deixar claro que "non se atoparon cun programa de axudas, senón de subvencións, así o di a convocatoria e así o din as disposicións legais"  e anunciou que unha vez que se aproben os orzamentos do 2020, publicarase unha nova convocatoria de bolsas comedor na que a súa concellería xa está a traballar para corrixir as deficiencias da actual.

A concelleira anunciou que a día de hoxe hai 225 alegacións presentadas e que o prazo para presentalas ampliouse ata o 24 de outubro. Servizos Sociais detectou, de oficio, erros na tramitación de 65 bolsas e contactou coas posibles persoas beneficiarias para emendalos. Das familias demandantes da subvención, ás que se lles solicitou documentación nas listas provisionais, un 43% non achegou ningunha da dita documentación requirida.

A concelleira explicou que Benestar Social tivo que avaliar un total de 1.992 expedientes, dos cales foron concedidos 815 e denegados 1.177. O total de bolsas tramitadas foi de 2.876. Un total de 1.676 bolsas denegadas e 1.200 concedidas. Ademais, Benestar Social tramitou un 167 % máis de bolsas de comedor respecto aos dous anos anteriores. Lembrou, ademais, que este ano traballaron 19 funcionarias/os na tramitación dos expedientes, mentres que en 2018 foron 3 persoas.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....