O vicepresidente, Xosé Regueira, e a alcaldesa, Marián Ferreiro asinaron o convenio de colaboración para o cofinanciamento da rehabilitación do Muíño de Xubia. O proxecto conta cun orzamento de 1.307.842 € dos que a Deputación da Coruña achega un total de 400.000 € para unha iniciativa que suporá a recuperación dun elemento patrimonial fundamental do Concello de Narón e unha das principais construcións da historia industrial galega.
A Deputación da Coruña colaborará co Concello de Narón na rehabilitación do Muíño de Xubia, un elemento de singular importancia histórica e etnografía, cun proxecto que conta cun orzamento de 1.307.842 € dos que a institución provincial se compromete a achegar un 30% do total, é dicir, 400.000 €