A Gasolina a paga "JUAN PUEBLO" e a ocultación de direitos das familias desprotexidas...¡ por que non se fan unha foto con Ines Rey para seu album e nos aforran aos ciudadanos centos de euros públicos!

Información
A Coruña 05 Marzo 2020 2456 votos - Registrate para votar

SON MOITOS OS CIDADANOS QUE VEN NESA INICITIVA UN ABUSO DOS RECURSOS PÚBLICOS

O corpo municipal anuncia que modifica o seu itinerario inicial, que coincidía en dous tramos co percorrido da manifestación do 8-M , para non entorpecer esta concentración e favorecer o seu correcto desenvolvemento

O próximo domingo, 8 de marzo, os Bombeiros da Coruña festexan ao seu patrón, San Xoán de Deus, e para conmemoralo circularán cos seus vehículos oficiais desde as 11.00 h por diferentes puntos da cidade.

A comitiva sairá do parque de bombeiros e, ata o día de hoxe, tiña pensado percorrer a cidade pasando por Manuel Murguía, percorrer o Paseo Marítimo pasando pola Torre de Hércules, Rúa da Torre, Praza das Atochas, Paseo do Parrote e volver pasando pola Mariña, Cantóns e Linares Rivas ata chegar de novo ao parque de bombeiros. Ao coincidir este percorrido con parte do itinerario da manifestación do 8-M polo Día Internacional das Mulleres, que sairá do Obelisco e rematará na praza das Cigarreiras, o corpo de Bombeiros decidiu hoxe modificar o seu percorrido para non entorpecer a manifestación do 8-M.

 

O novo itinerario da comitiva dos Bombeiros baixará de Monte Alto e, en vez de pasar polo Parrote e a avenida da Mariña, collerá a rúa Panadeiras e rúa San Andrés ata chegar á praza Pontevedra seguindo por Juan Flórez o seu percorrido.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600