O EQUIPO DEFRAUDADOR DE IMPOSTOS MUNICIPAIS DE INES REY FUXE DAS SÚAS RESONSABILIDADES, E AFIRMA QUE O CONCELLO NON PODE PARALIZAR AS OBRAS PÚBLICAS NIN PRIVADAS

Información
A Coruña | 21 Marzo 2020 | 2337 Votos | Correo electrónico | Imprimir

O concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, anunciou esta mañá que non se autorizará ningunha obra pública máis durante o estado de alarma e que, no caso das que están en marcha, a Administración local, segundo os artigos 33 e 34 do Real decreto do 14 de marzo, non ten potestade para as paralizar. A empresa adxudicataria é a que ditamina se continúa ou non prestando o servizo ata a finalización dos traballos.

 

De seguir adiante, deberá adoptar as medidas de seguridade e hixiene para poder executalas, medidas que, por outra parte, deberá comunicarlle ao Goberno local. Deste xeito, as catro actuacións públicas que están activas nestes momentos levaranse a cabo segundo o que decidiron as operarias correspondentes: "Desde o concello podemos recomendarlles cuestións como a xornada continua para evitar que as/os empregadas/os se xunten á hora de comer".  

Esta norma esténdese tamén ás obras de carácter privado, sobre as que o concello non ten competencia ningunha, máis que a de corroborar, a través da Policía Local, que a empresa está cumprindo no referente á seguridade e hixiene: "De non ser así, redactamos unha acta de sanción que trasladamos ao Ministerio do Interior".

Canto aos labores de xardinería, os servizos que se realizan estes días responden a unha cuestión de saúde pública, xa que o decreto recolle certos traballos como "esenciais"  para evitar focos de insalubridade e a proliferación de animais ou residuos que poden constituír unha ameaza para a cidadanía. 

social youtube xornalgalicia   feed-image