Valentin Formoso oferta aos vellos/as darse de alta no servicio teleasistencia CAUSANDO O TERROR entre os da terceira idade que fuxen aterrados por medo a morrer obligados nunha residencia

Información
A Coruña | 26 Marzo 2020 | 2410 votos | Correo electrónico | Imprimir

O presidente Valentín González Formoso remitiu esta mañá unha comunicación por correo electrónico a todos os alcaldes, alcaldesas e traballadores/as sociais dos concellos coruñses de menos de 50.000 habitantes (nos que se presta o servizo de Teleasistencia da Deputación) na que explica que, ante a crise sanitaria do Covid-19, a Deputación abre a posibilidade de tramitar novas altas con carácter de urxencia, simplificando a súa tramitación administrativa.

Dada a dificultade para obter neste momento determinados documentos que se esixen na tramitación ordinaria da TAD, coma os informes médicos, a Deputación permite desde hoxe de solicitar o servizo de Teleasistencia de forma urxente, cun numero mínimo de documentos e un informe dos servizos sociais do Concello xustificando a necesidade deste.

social youtube xornalgalicia   feed-image