Inés Rey se posiciona con Feijóo para ir contra las políticas de su propio partido con exigencias a Pedro Sánchez, pero calla ante la negativa de un termómetro de Feijóo.

Información
A Coruña | 30 Marzo 2020 | 1991 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá por videoconferencia cos e coas responsables dos concellos da área metropolitana e mais do Consorcio das Mariñas e Arteixo, -agás co rexedor de Oleiros, Ángel García Seoane, que non puido estar presente- para poñeren en común a situación actual da comarca. As/os representantes de Carral, Cambre, Culleredo, Abegondo, Bergondo, Sada, Betanzos e Arteixo coincidiron en sinalar a necesidade de equipos de protección individuais para o funcionariado e persoas empregadas de concesionarias de servizos públicos básicos.

Os rexedores e rexedoras coincidiron en sinalar que moitas e moitos dos que conforman estes cadros de persoal non terán suficiente material nestas semanas para se protexer e garantir a súa seguridade e a das/dos demais, polo que o conxunto de alcaldesas e alcaldes lles reclamarán conxuntamente tanto á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) como ás autoridades autonómicas e estatais que lles transfiran equipos de prevención ás súas administracións locais, xa que desde os concellos lles resulta imposible conseguilos.