Información
A Coruña

A Plataforma quere denunciar a falta de conciencia social que amosa o Goberno Municicipal por continuar co cobro dos recibos incrementados co concepto de "Fracción Taxa Depuración (Atrasos)", que está enviando Emafesa a máis de 30.000 fogares de Ferrol.

Información
03 Abril 2020 603 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Angel MatoA Plataforma exixe ao Goberno Municipal a paralización do cobro dos supostos atrasos polo taxa de depuración...

 E que unha vez pasada esta situación de confinamento e de distanciamento social, o Goberno Municipal convoque unha mesa de diálogo, onde podamos solucionar, dunha vez por todas, esta inxustiza.

Diante da situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo novo coronavirus Covid-19, que a OMS elevou a pandemia -ao haber infectadas en todos os continentes-, o Goberno Español acordou, o pasado 14 de marzo de 2020, declarar o Estado de Alarma (polo de agora prorrogado até o 11 de abril), que acompañou cunha serie de medidas sanitarias, económicas e sociais, para facer fronte a esta especial conxuntura de emerxencia, de circunstancias moi extraordinarias. Situación que implica un confinamento e distanciamento social que na práctica limita dereitos e causa un empobrecemento da poboación, cun maior desemprego, ERTEs, paralización económica, autónomos ... Por outra parte, o peche ou paso a servizos mínimos de administracións, institucións ou organismos, no seu conxunto limita as posibilidades de exercicio dos dereitos da veciñanza, a defender-se do que consideramos unha inxustiza manifesta: o cobro dunha Taxa de Depuración, por un período onde non se prestou o servizo (máis de 7,12 millóns de euros de 31 meses). A Plataforma tivo que renunciar ao dereito de manifestación ( a planificada para o pasado 26 de marzo) ; no se puideron seguir facendo actos públicos e de contacto coa veciñanza; non se puido continuar coa campaña de  recursos; paralizou-se a Queixa e a entrevista coa Valedora do Pobo prevista para o 18 do pasado mes de marzo, entre outros atrancos. Mais parece que o Goberno Municipal de Ferrol non amosa sensibilidade ante esta especial situación de Estado de Alarma e deixa que Emafesa pase a cobro eses supostos atrasos que incrementan de xeito considerábel os recibos dos servizos municipais.

Rede de Sumidoiros

Ademais de ter que pagar por un período onde non se prestou o servizo de depuración, levamos seis anos cunha Taxa de Depuración que só estaba pensada para o ano 2014, avultada, como mínimo, un 20% segundo todos os informes emitidos e recoñecido polo propio Concello e a outra "taxa" -que agora se lle chama prestación patrimonial de carácter público non tributaria-, a que no recibo ven coa denominación de Saneamento (mais que se refire á rede de sumidoiros)[1] sen revisar, despois que desde abril de 2017, é outra empresa a que realiza unha parte do servizo que viña facendo até entón Emafesa e agora fai Acuaes, a través da concesionaria Viaqua.

Recimil

Preocúpanos en especial, a inxustiza que se está cometendo coa veciñanza de Recimil e das antigas sindicais de San Pablo e Serantes, onde se lles está cobrando como se o consumo fose de 20 m3 (bimensais) por fogar, independentemente do número de persoas que vivan en cada vivenda, unha situación provisional que se ven alongando desde que Emafesa se fixo cargo do servizo no ano 2000. Sobre todo despois de que o pleno do pasado 27 de febreiro acordara solucionar esta inxusta situación por unanimidade.

Suspensión do cobro dos supostos atrasos taxa depuración

Diante desta situación de crise sanitaria coa súa vertente económica e social, a Plataforma exixe ao Goberno Municipal a paralización do cobro dos supostos atrasos polo taxa de depuración, que está enviando Emafesa estes días. E que unha vez pasada esta situación de confinamento e de distanciamento social, o Goberno Municipal convoque unha mesa de diálogo, onde podamos solucionar, dunha vez por todas, esta inxustiza.


Notas.-

[1] Por acordo do Pleno do Concello de Ferrol, celebrado o 6 de novembro de 2018 aprobouse o cambio de denominación e con el, tamén o de concepto de taxa, polo de prestacións patrimoniais de carácter público non tributario. Polo tanto non só se introducía unha modificación terminolóxica, senón que ten un novo carácter técnico e xurídico. A nova lei de "Lei de contratos do sector público" aprobada en 2017, mais que entrou en vigor en marzo de 2018, na súa disposición final duodécima, introduce unha modificación no artigo 20 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da "Lei Reguladora das Facendas Locais", modificación que implica que naqueles servizos públicos que se prestan en réxime de xestión indirecta, ou de xestión directa mediante personifiación privada carecerán da naturaleza xurídica de taxa, tendo a condición de prestacións patrimoniais de carácter público non tributario. Disposición entre outras que foi recorrida ante o Tribunal Constitucional, o cal xa ditou sentenza rexeitando o recurso e dando validez á disposición e ao novo articulado da Lei. | Ordenanza nº 2 reguladora da prestación patrimonial de carácter público non tributaria da rede de sumidoiros | Acceder/Baixar.

[2] Esta adxudicación supón unha redución do custo actual de operación e mantemento que leva a cabo ACUAES en 36.502 euros ao ano, segundo a propia empresa. A anterior concesionaria tamén foi Viaqua en marzo de 2017. Adxudicación febreiro de 2017: Nova - Licitación - Adxudicación - Ficha. | Adxudicación maio de 2019: Nova - Licitación - Adxudicación - Ficha.
Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago