O O alcalde de Ferrol aproveita o CORONAVIRUS para EMPUFAR aos ferrolans cun crédito de 7 millóns de euros

Información
A Coruña | 20 Abril 2020 | 1004 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
O alcalde ordena a tramitación dunha operación de crédito de 7 millóns de euros para que o Concello poida afrontar a crise con suficiente liquidez

O alcalde, Ángel Mato, ordenou onte que o Concello inicie a concertación dunha operación de crédito a curto prazo para facer fronte a necesidades transitorias de tesourería por importe de 7 millóns de euros. Con esta medida, que tería unha duración dun ano e un custo máximo de 21.700 euros, cubriríase unha posible falta de liquidez da Administración local ferrolá motivada pola crise do COVID-19. Pese a que as contas municipais están saneadas, as medidas adoitadas polo goberno local para paliar as consecuencias da epidemia supoñen para o Concello o aprazamento ou mesmo a inexistencia de numerosos ingresos que estaban contemplados antes de que se producira esta situación. A iso únese que o pago aos provedores municipais está contemplado como esencial, para tratar de atenuar os efectos económicos da epidemia entre as pequenas empresas e autónomos locais, de xeito que o ritmo ao que se vén facendo incrementouse notablemente, ata acadar os arredor de tres millóns de euros en só os primeiros 15 días tras o inicio do estado de alarma. 

 
A maiores, estanse a afrontar numerosos gastos derivados, entre outras cuestións, da prestación de axudas sociais, a atención a persoas en situación de vulnerabilidade, a adquisición de material, a contratación de servizos de hixienización ou o acondicionamento de instalacións.  
 
Un desequilibrio previsto e causado por medidas “absolutamente necesarias” Este desequilibrio estaba previsto, e á vista dos datos extraídos das últimas semanas, sería a partir deste mes cando poderían comezar a xenerarse tensións de tesourería, polo que o rexedor estimou convinte iniciar xa a concertación da póliza de crédito. Con isto garántese que o Concello seguirá axilizando os pagos e que poderá afrontar gastos para facer fronte á críse. Uns gastos que son “absolutamente necesarios para apoiar tanto á cidadanía coma ao tecido económico da cidade”, asegura Mato, que, aínda que considera que “a factura desta epidemia vai ser moi elevada, é unha obriga do Concello axudar con toda a súa capacidade”. 
 
O goberno local vén traballando nunha batería de axudas aos pequenos negocios e nunha reorganización do gasto social que deberá aprobar o pleno nos próximos días e que sumarán preto de tres millóns de euros máis. Isto serviría como primeira medida, á que se poderían unir, explicou Mato, novas subvencións a medio prazo en función das necesidades que se vaian detectando. 
 
Os ingresos das arcas municipais caeron a niveis mínimos dende a declaración do estado de alarma. Isto débese ás medidas de flexibilización fiscal para os contribuíntes, entre as que cabe destacar a ampliación dos prazos de liquidacións e ingreso tanto en período voluntario como en vía executiva, a suspensión dos procedementos de embargo, a suspensión do prazo de declaracións do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía), a suspensión da emisión de notificacións e a modificación do calendario fiscal, ampliando os prazos de determinadas cobranzas. Tampouco se están a liquidar taxas ou prezos públicos nos que non se produce o feito impoñible. As consecuencias son que o Concello unicamente ingresou 25.000 euros nesta primeira quincena de abril. En canto á cobranza en período voluntario do imposto de vehículos (arredor de tres millóns de euros), que finalizaba a principios de xuño, ampliouse ata finais de xullo, o que suporá tamén un adiamento destes cobros.

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600