Imprimir

O Concello xa entregou máis de 10.200 menús entre o reparto na praza de España e a domicilio

Información
A Coruña | 02 Mayo 2020 | 1598 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image
O Concello xa entregou máis de 10.200 menús entre o reparto na praza de España e a domicilio

O Concello de Ferrol xa entregou ao redor de 10.200 menús entre comidas e cenas aos veciños máis vulnerables da cidade desde que comezou no mes de marzo a crise sanitaria polo covid-19. A concellería de Seguridade, que dirixe Germán Costoya, xestiona o reparto a través da agrupación de Protección Civil tanto na carpa que se instalou na praza de España despois do peche do comedor da Cociña Económica como nos domicilios de aqueles usuarios que xa antes da crise recollían os menús na entidade social e a beneficiarios dos comedores sénior municipais. 

En concreto, o Concello xa repartiu 9.000 menús entre comidas e cenas na praza de España, que actualmente reúne a diario a unhas 160 persoas —medio centenar máis que nos inicios da pandemia— e levou un total de 1.200 a domicilio, tamén repartidos dous menús diarios.  
 
Son elaborados polo persoal da Cociña Económica na súa propia sede e dispóñense empaquetados no interior da Oficina de Turismo para que os voluntarios de Protección Civil que atenden este servizo vaian dándollos a cada usuario de maneira ordenada e tras comprobar a súa identidade. Para poder levar a cabo este labor en condicións adecuadas, a concellería de Benestar Social contratou a instalación dunha carpa de 50 metros de lonxitude na praza de España na que os beneficiarios poden agardar a súa quenda mesmo en condicións meteorolóxicas adversas. Baixo esta cuberta provisional colocouse un valado de separación e o chan marcouse de tal xeito que se poidan manter as distancias de seguridade que implica a actual situación de crise sanitaria. A concellería que dirixe Eva Martínez Montero, en colaboración coa Cociña Económica, estuda cada solicitude e xestiona as altas no servicio de entrega de menús.
 
Un total de 350 servizos para mercar alimentos e medicamentos 
Outra das prestacións postas en marcha polo Concello de Ferrol desde os inicios da crise sanitaria é “Se non podes, imos nós”, unha campaña en colaboración con Protección Civil que comezou o 20 de marzo para dar servizo ás persoas que necesiten axuda para realizar a compra de alimentos e medicamentos por encontrarse en illamento o por ter mobilidade reducida. Desde entón realizáronse 350 servizos. Para beneficiarse desta campaña municipal hai que chamar aos números de teléfono 981 320 000 e 698 126 700. 
Categoría: A Coruña
Visto: 1598