Imprimir

A rede de abastecemento arrancará do polígono industrial de Bértoa en dirección a Oza, onde chegará aos lugares das Encrucilladas, Vilar do Carballo, Oza Vella, As Torres e O Rodo

Información
A Coruña | 11 Septiembre 2018 | 3079 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión de hoxe o inicio do expediente de contratación das obras de abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo, cun orzamento de 1.699.912,75 euros que serán financiados na súa totalidade con fondos municipais. Non só será o investimento unitario máis importante do ano, senón tamén o máis cuantioso realizado nunca polo Concello de Carballo sen axuda doutras administracións.

 

O procedemento que agora arranca foi longo debido á necesidade de contar cos informes sectoriais preceptivos do Servizo de Vías e Obras da Deputación da Coruña, a Axencia Galega de Infraestruturas (Consellería de Infraestruturas e Vivenda), e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) polas distintas afeccións que puidesen ter as obras.

A rede de abastecemento arrancará do polígono industrial de Bértoa en dirección a Oza, onde chegará aos lugares das Encrucilladas, Vilar do Carballo, Oza Vella, As Torres e O Rodo. Neste punto conectará coa rede existente e quedará preparada a futura conexión para estender o servizo á parroquia de Cances. Xa na parroquia de Razo, en Vilar de Cidre está en execución neste momento a rede de saneamento, e dentro desa obra inclúese como mellora a instalación das canalizacións para o abastecemento. Do mesmo xeito, o núcleo de Nétoma quedou preparado para recibir o servizo cando se realizaron as obras de pavimentación. A rede estenderase a toda a zona de Arnados _da que partirá a conexión principal para o futuro subministro traída a Lema, Noicela e Rebordelos_ así como a Razo da Costa e Santa Mariña.

Outros asuntos

Sede da AGAT

Sede da AGAT

Na sesión de hoxe tamén se adoptaron, entre outros, os seguintes acordos:

Categoría: A Coruña
Visto: 3079