Información
A Coruña

As xornadas Malas linguas da Deputación da Coruña poñen este martes o foco nas políticas públicas para o galego onde Goretti non vai falar dos 15 mil euros que foron ao peto do sobriño da secretaria

Información
23 Octubre 2018 766 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
As xornadas Malas linguas da Deputación da Coruña poñen este martes o foco nas políticas públicas para o galego

O Pazo de Mariñán acolle este martes día 23 de outubro a primeira das xornadas Malas linguas: activando falantes para o século XXI, unha iniciativa da área de Normalización Lingüística e Cultura da Deputación da Coruña para abordar a situación do galego e das políticas públicas lingüísticas de cara a construír novos argumentarios e explorar novas vías para fortalecer a presenza social do galego.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

A xornada abrirase coa intervención da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín que presentará os obxectivos do programa e dará conta das distintas iniciativas que desde a área de Normalización Lingüística se promoven para incrementar o uso de galego, de maneira especial, o proxecto "O galego a miña lingua propia" que leva por volta de cen actividades a centros de ensino de secundaria para animar á mocidade a empregar a nosa lingua.

 

Tras a presentación, analizarase a situación da normalización lingüística na actualidade e a precedente en tres mesas de debate, a través das que se apuntará cara experiencias exitosas e outros novos camiños. Nelas participarán o profesor e escritor Suso Fernández Acevedo, especialistas en normalización lingüística como Valentina Formoso e Nel Vidal, e darase conta das prácticas de entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística, o proxecto europeo Tosta e mais a plataforma catalá SomEscola. Ademais, a actriz María Vázquez e o xornalista e profesor Diego E. Barros compartirán a súa experiencia coa lingua baixo o título "Argumentos para o galego".  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

Pecharanse as actividades cun espazo colectivo de participación en que as persoas asistentes poderán facer diagnose das políticas públicas para a lingua partindo da súa experiencia persoal.

As xornadas Malas linguas celebraranse ao longo de catro datas, nas que se tratarán os temas de políticas públicas (23 de outubro, Bergondo), memoria e transmisión familiar da lingua (A Coruña, 29 de novembro), mocidade e transmisión non familiar da lingua (1 de marzo de 2019, Santiago de Compostela) e xéneros (12 de abril de 2019, A Coruña), e cadansúa vinculación coa lingua.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +  

Otros articulos relacionados.....