Información
A Coruña

González Formoso reclama un novo Pacto Local para ter un maior control sobre os alcaldes e os municipios.

Información
03 Noviembre 2018 658 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

González Formoso reclama un novo Pacto Local que concrete competencias e financiamento dos servizos públicos municipaisO presidente provincial presenta no Parlamento o proxecto de orzamento da Deputación da Coruña para 2019, que sobe un 2,2% ata os 183,6 millóns de euros

Formoso defende "o novo modelo de cooperación cos concellos" que supón o Plan Único e reclama que a Xunta fixe tamén criterios obxectivos na asignación de recursos e permita "unha participación activa e efectiva" dos municipios na definición do destino dos fondos

Pide unha maior coordinación entre Xunta, concellos e deputacións e avoga por impulsar e primar a prestación compartida de servizos municipais para reducir gastos e aproveitar as economías de escala

O Plan Único volverá a ser o principal programa de investimentos en 2019 e continuará a aposta da Deputación da Coruña polo emprego e a mobilidade sostible

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, compareceu esta mañá ante a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para presentar as liñas principais do Orzamento da institución provincial para o exercicio 2019.

González Formoso anunciou que o orzamento da Deputación da Coruña para o exercicio 2019 ascenderá a 183.609.300 euros, o que supón un incremento do 2,2 % sobre o do presente exercicio e destacou que, un ano máis, todos os investimentos e plans da Deputación financiaranse con recursos propios, sen apelación ao crédito, de tal xeito que se manterá a situación de "débeda cero" do organismo provincial.

O límite de gasto que permite cumprir o obxectivo de estabilidade orzamentaria sitúase en 144.979.134,75 euros, polo que as dotacións orzamentarias faranse con cargo a este límite, e dotarase un Fondo de Continxencia de 3,6 millóns de euros (que supón arredor do 2% das previsións totais de gasto) para atender necesidades urxentes.

O presidente provincial cualificou o proxecto de orzamento, que será sometido á ratificación da corporación provincial no pleno do vindeiro 16 de novembro, como "austero, realista, socialmente sensible e orientado á creación de emprego" e subliñou a importancia que terán no mesmo dous dos proxectos estratéxicos do goberno provincial: o Plan Único (cunha dotación orzamentaria inicial de 61,5 millóns de euros para 2019) e o Plan de Emprego Local, que parte dunha dotación de 10 millóns de euros para o vindeiro exercicio.

Plan Único, un novo modelo de cooperación cos concellos

González Formoso considerou que o Plan Único (POS+) posto en marcha en 2017 polo goberno provincial que preside representa "un novo modelo de cooperación cos concellos, xa que racionaliza e obxectiva as asignacións económicas da Deputación a cada un dos 93 concellos coruñeses, dándolles total autonomía para decidir en qué invisten estes fondos, en función das necesidades concretas de cada municipio".

O presidente provincial destacou os bós resultados que está a dar o Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña, que nos dous anos que leva en funcionamento permitiu a execución de máis de 800 obras na totalidade dos concellos coruñeses, cun investimento histórico de 182 millóns de euros, aos que se sumarán o vindeiro ano os 61,5 millóns de dotación inicial do POS+2019. Unha cantidade que seguirá incrementándose progresivamente ao longo do exercicio coa incorporación de remanentes.

Neste sentido, González Formoso reclamou que administración autonómica fixe tamén "criterios consensuados de asignación e distribución de fondos" nos seus programas de cooperación municipal e permita "unha participación activa e efectiva dos entes locais na definición do destino e execución dos fondos europeos" asignados a España e a Galicia. "Os recursos europeos que recibe a Xunta e están destinados a servizos locais ou a competencias compartidas deberían reasignarse aos concellos con criterios obxectivos", afirmou.

Un novo Pacto Local de Galicia

Valentín González Formoso reclamou no Parlamento "un novo Pacto Local de Galicia, que actualice a relación de competencias e concrete as condicións óptimas de prestación e financiamento de servizos públicos municipais" baseándose nun "acordo amplo" de todas as forzas políticas.

"Son moitos os exemplos de leis e normas autonómicas que establecen competencias e obrigas para os concellos que non se evalúan nin contan con financiamento suficiente" por parte da Xunta, afirmou González Formoso, que enumerou algunhas delas coma a xestión dos incendios, os servizos sociais, a protección animal, a recollida e tratamento de lixo ou o suministro e depuración de augas.

Formoso propuxo a constitución no Parlamento dunha comisión específica de Administración Local e Unión Europea que sirva como "canle permanente de comunicación e diálogo" entre Xunta, concellos e deputacións e se encargue da necesaria "racionalización e descrición detallada das competencias que a normativa autonómica atribúe de forma dispersa e sen financiamento" aos concellos e de "dotar os recursos económicos necesarios para que podan desenvolver adecuadamente estas competencias".

O presidente provincial considerou "imprescindible e urxente" mellorar a coordinación da acción da Xunta e as entidades locais, polo que instou a "dar contido e periodicidade á Comisión Galega de Cooperación Local para que poda cumprir adecuadamente a súa misión" e avogou tamén por "impulsar, promover e primar a prestación compartida de servizos municipais para reducir gastos e aproveitar ao máximo as economías de escala".

González Formoso dirixiuse aos representantes dos distintos grupos políticos da Cámara galega para pedir, un ano máis, a participación da Deputación no Fondo Galego de Cooperación Local. "A actual regulación do Fondo Galego de Cooperación non contempla ás deputacións entre os seus destinatarios. É a miña obriga institucional manifestar que, ao meu modo de ver, estase incumprindo o mandato do artigo 142 da Constitución Española xa que, cando establece que as entidades locais participarán nos tributos do Estado e das Comunidades Autónomas, refírese a todas as entidades locais enumeradas nos artigos anteriores do propio texto constitucional, é dicir, os municipios e as provincias", afirmou.

Continúa a aposta polo emprego

O Plan de Emprego Local (PEL), dotado cunha consignación inicial de 9,82 millóns de euros no Orzamento de 2019 seguirá a ser outro dos investimentos importantes ao longo do vindeiro ano. A súa creación supuxo multiplicar por 6 os recursos que a Deputación da Coruña viña destinando tradicionalmente á creación de emprego e permite unificar nun só programa as diferentes accións da institución provincial de apoio á creación de emprego no sector público e privado, así como o fomento das iniciativas emprendedoras.

Nos seus primeiros anos de actividade, o PEL axudou a máis de 2.500 persoas a atopar un emprego ou pór en marcha unha idea de negocio a través das súas diferentes liñas de apoio para concellos, pequenas empresas e emprendedores, que volverán a convocarse en 2019.

Programas estratéxicos de mobilidade sostible

Outras partidas destacables no Orzamento de 2019 serán os 17 millóns de euros consignados para aos Plans de Investimento e Conservación en vías provinciais e á construción de novas travesías e sendas peonís na rede provincial de estradas.

A Deputación da Coruña segue traballando ademáis noutros programas estratexicos de mobilidade sostible que suporán un investimento de preto de 11 millóns para a creación de 128 quilómetros de vías ciclistas como a Rede Ciclista Metropolitana da Coruña ou a Vía Verde Santiago-Cerceda.

O presidente da Deputación sinalou tamén que a Deputación da Coruña manterá conxeladas as tarifas das taxas e prezos públicos en 2019 e subliñou o goberno provincial incrementou neste mandato do 90 ao 98% a pocentaxe da entrega a conta aos concellos que teñen delegada na Deputación a recadación dos seus tributos, o que supuxo adiantar, mes a mes, aos concellos coruñeses un total de 157,9 millóns de euros da recadación dos seus impostos, mellorando de forma notable a liquidez dos municipios coruñeses e as súas posibilidades de atender as súas obrigas económicas e reducir o período medio de pago a proveedores.

 


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago Ana López-Suevos Fraguela emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 50.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE CUATRO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

O Concello sortea convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo para convidados

O Concello de Santiago sortea este ano 15 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso..

RUTA XEOLÓXICA DO MUNICIPIO NA PENÍNSULA DE MONTEFERRO

O Concello de Nigrán ofrece este martes 16 de xullo a súa primeira ruta xeolóxica do municipio na península de Monteferro,..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+