Información
A Coruña

O secretario xeral do PSdeG urxe “explicacións” a Feijóo de “por que os intereses privados dunha empresa se puxeron por riba dos intereses da bisbarra de Ferrol”

Información
14 Noviembre 2018 807 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou este mércores que "o nivel de corrupción do PP só é superado polo seu cinismo político", que se evidencia en declaracións como as do presidente da Xunta que "non son aceptables".

"Que o PP intente dar leccións en materia de loita contra a corrupción non resulta crible", remarcou o líder dos socialistas en rolda de prensa, consciente dos "problemas de corrupción que inundan" á dereita.

 

Aludiu así á sentenza da Gürtel, que reflexa un sistema de "corrupción institucionalizada", ou as propias palabras de Pablo Crespo en sede parlamentaria sobre "a utilización de sobresoldos de forma continua" ou o pago con diñeiro negro para "o 65% das campañas" en Galicia.

Sobre estes "mecanismos de financiamento non legales" instou Gonzalo Caballero a Feijóo a dar "explicacións" á cidadanía e a "poñerse ante o espello" antes de sinalar a outras formacións.

"FRAGATAZO"

Nesa liña de requirir explicacións, o secretario xeral do PSdeG urxiu ao presidente da Xunta a aclarar "por que os intereses privados dunha empresa se puxeron por riba dos intereses da bisbarra de Ferrol" ao deixar en suspenso o encargo das fragatas do asteleiro público.

"Que lle pregunte a Rajoy, a Cospedal e a Morenés", incidiu Gonzalo Caballero, "por que cando o PP gobernaba España se poñían os intereses privados dunha empresa de armamento que tivo ao exministro como alto dirixente" por riba dos xerais.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+