Información
A Coruña

Goretti (BNG) apoia con cartos públicos a programación lírica de Amigos da Ópera da Coruña mentres anula bolsas de estudios a alumnos do Conservatorio de Danza da deputación para desvialos ao sobriño da sua secretaria

Información
15 Diciembre 2018 501 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A Deputación da Coruña apoia a programación lírica de Amigos da Ópera da Coruña

A Deputación da Coruña achega á asociación Amigos da Ópera unha cantidade de 135.000 € para o financiamento da programación lírica que este ano conmemorou de maneira especial os 250 anos de ópera na Coruña.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

Nun acto en que participou o presidente e a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei e a presidenta de Amigos da Ópera, Natalia Lamas, asinouse o convenio de colaboración que materializa o apoio da institución ao programa lírico anual que, desta volta, tivo un alcance especial ao se conmemorar os 250 anos da fundación do primeiro teatro da ópera e o 65 aniversario do Festival de Ópera da cidade.

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que esta nova edición do programa foi unha "estupenda ocasión para facer balance neste aniversario que relaciona a proposta musical coa historia dunha cidade que quere ser referencia no mundo da música". Engadiu tamén que o programa desta edición tivo unha especial relevancia á hora de "promocionar novas voces da lírica xunto con outras consagradas para o que hai un público fiel que goza cada ano con esta programación".  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

Pola súa parte, Goretti Sanmartín destacou a calidade do programa e a súa condición de festival cun público propio e fiel e que defendeu a necesidade de "difundir e popularizar a música clásica e a lírica, e esforzarse por ampliar o número de persoas que responden ante unha programación tan ambiciosa coma esta". Defendeu tamén que o apoio á difusión da música é "unha maneira de contribuír a un mundo mellor, porque a música é importante para unha sociedade máis feliz".

"A Orquestra Sinfónica e o Festival de Ópera, a programación lírica, son unha aposta pola música na cidade da Coruña, por converter a Coruña en cidade de referencia na programación musical, xunto con outras apostas como a Rede Cultural ou o apoio a festivais", sinalou Goretti Sanmartín.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

A Deputación da Coruña achega 135.000 € dos 485.000 € do orzamento xeral do programa musical.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

Otros articulos relacionados.....