Estará no "chiringuito" metido o sobriño da sua secretaria: A Deputación da Coruña a través de Goeretti "BNG" avanza o apoio ao audiovisual galego con varias liñas de caretos públicos....Baixo a sospeita de tráfico de influencias.

Información
A Coruña | 18 Diciembre 2018 | 1867 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Deputación da Coruña avanza no apoio ao audiovisual galego con varias liñas novas para produción e distribuciónApoio á distribución de novas películas como Trote de Xacio Baño, axuda á produción de longametraxes como Arima de Jaione Camborda ademais de fortalecemento de programas como Visións da Rede Cultural e das liñas de subvención para festivais sitúan á Deputación da Coruña como institución de referencia no apoio á creación audiovisual. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura asinou tamén o convenio coa Academia Galega do Audiovisual para a colaboración na organización de iniciativas do sector.

O Programa Visións da Rede Cultural, o apoio aos festivais do sector audiovisual, a liña de apoio á distribución e exhibición de contidos en lingua galega, a colaboración con proxectos singulares ou a axuda a entidades do sector son algunhas das liñas de apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña á promoción da creación audiovisual galega que neste ano 2018 deron un paso adiante significativo situándose como referente de axudas públicas ao sector. En total, a Deputación da Coruña destina máis de 600.000 € ao fortalecemento do audiovisual galego.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600