Os concellos poderán solicitar á asistencia da Deputación para cuestións fiscalizadoras

Información
A Coruña | 12 Febrero 2019 | 2446 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Deputación apoiará a función interventora nos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (COSITAL), José Antonio Rueda, asinaron esta mañá un convenio de colaboración.

 

O convenio ten como finalidade o establecemento dun marco estable de colaboración entre a Deputación e COSITAL Coruña en materia de xestión de colaboración e asistencia por parte do Servizo de Asistencia Técnica aos Municpios (SATM) da Deputación aos municipios da provincia coruñesa con poboación inferior a 20.000 habitantes para a realización de funcións de intervención material na comprobación dos investimentos cando por parte do órgano interventor solicite a devandita asistencia como consecuencia da necesidade de coñecementos técnicos específicos para a súa realización.