Imprimir

Os clientes puideron elixir entre crema de lentellas con ovo poché e ensalada de salmón con salsa agre

Información
A Coruña | 21 Febrero 2019 | 2697 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image
Nove alumnos de soldadura foron os convidados

Nove alumnos de soldadura foron os convidados

A formación do alumnado dos cursos de Cociña e Servizos de Bar e Cafetería que se imparten na Escola Municipal de Hostalaría entrou hoxe nunha nova fase. As instalacións do Fórum convertéronse nun restaurante que permitiu poñer a proba aos alumnos e alumnas de estas dúas accións formativas, diferentes pero complementarias. Deste xeito, na cociña elaboraron un menú composto por dous primeiros, dous segundos e dúas sobremesas, e no comedor prepararon o cóctel de benvida e os cafés, ademais de servir as mesas. Como “clientes” tiveron a 9 dos 12 alumnos do curso de Soldadura que tamén está en marcha no Fórum.

 

O alumnado de Servizos de bar e cafetería serviu as mesas

O alumnado de Servizos de bar e cafetería serviu as mesas

Para comezar, os clientes puideron elixir entre crema de lentellas con ovo poché e ensalada de salmón con salsa agre. O menú de hoxe incluía, de segundo, tallaríns frescos con salsa boloñesa ou carrilleira de porco ibérico con puré de pataca. E, como colofón, dous clásicos, flan de ovo e arroz con leite, pero cun toque moi especial.

Estaba todo tan saboroso que a nota outorgada polos comensais, que tiveron que valorar tanto o servizo coma a comida, acadou case o sobresaínte, e ata algún dos participantes puntuou ámbolos dous aspectos cun 10.

Tanto o profesorado coma o alumnado realizaron unha valoración máis ca positiva da experiencia, que dende agora ata fin de curso repetirase todos os mércores.

Deste xeito, cada semana serán convidados/as a xantar os/as alumnos e o profesorado dunha das accións formativas que se están desenvolvendo este curso no Fórum Carballo. A ver con que nos sorprenden a semana que vén!

Categoría: A Coruña
Visto: 2697