Información
A Coruña

A Deputación de A Coruña utiliza 306.000 euros, adiantándose baixo a camapña electoral para anunciar a contratación de socorristas

Información
23 Marzo 2019 397 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o importe concedido a cada un dos municipios solicitantes, con achegas económicas que oscilan entre os 3.500 e os 9.800 euros por concello, e que se destinarán á contratación de socorristas durante a tempada estival por un periodo máximo de tres meses. Xunto co programa de limpeza de praias, supón a creación de arredor de 300 empregos na provincia durante o verán.

 

Os concellos que contarán con servizo de socorrista subvencionado pola Deputación este ano son A Baña A Capela, As Pontes, As Somozas, Abegondo, Ames, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cambre, Carral, Cerceda, Cerdido, Coirós, Coristanco, Curtis, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Moeche, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, San Sadurniño, ,Santa Comba, Santiso, Sobrado dos Monxes, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vilarmaior, Vilsantar, Vimianzo, Zas, O Pino e Oza-Cesuras.

Otros articulos relacionados.....