Denuncian la manipulación del nombramiento de altos cargos municipales a dedo por Lage Tuñas

Información
11 Septiembre 2023 - A Coruña - 5842 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Lage Tuñas sigue cosechando indicios de corrupción en las adjudicaciones de  A Coruña esta vez la ayuda a domicilio - Xornal Galicia Exclusivo

A Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia (FAC-USO Galicia) recorreu dous acordos da Xunta de Gobierno Local, relativos ao nomeamento dos titulares dos órganos directivos municipais.

Corresponde á Xunta de Gobierno Local o nomeamento e cesamento de, entre outros, os coordinadores xerais, os directores xerais ou o titular da asesoría xurídica municipal. Agora ben, estamos ante procesos que nin son públicos, nin tampouco concorrentes, contravindo tanto o estatuto básico do empregado público, como a Lei de emprego público de Galicia.

Así, o Concello de Ourense e o de Santiago de Compostela publicaron, recentemente, dous postos de órganos directivos municipais, para garantir a publicidade e a concorrencia.

A xurisprudencia do Tribunal Supremo anulou a discrecionalidade na libre designación non só no momento do nomeamento, senón tamén mesmo no momento do cesamento.

Consideramos que os nomeamentos son nulos de pleno dereito, lesivos para os dereitos e intereses xerais e, en particular, para os/as afiliados/as da Unión Sindical Obreira, aos que se lles impide participar nuns procesos que nin son públicos, nin permiten concorrencia, como esixen as normas de función pública, ao non respectar os principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e poida que os nomeamentos non obedezan a criterios de idoneidade, e se produzan por outros motivos: amizade, afinidade familiar, afiliación política, etc.

A prolongación desta situación, manifestamente ilegal, puidese conlevar responsabilidades de carácter administrativo, penal e mesmo de índole contable. Solicitamos a redacción dunhas bases para a provisión deses postos, para o seu posterior convocatoria, mediante unha publicación que garanta a libre concorrencia, instando a suspensión automática dos nomeamentos en tanto non se resolva expresamente o recurso.

Categoría: A Coruña
Visto: 5842