Información
A Coruña

A Deputación aproba un orzamento de 183,6 millóns de euros

Información
22 Noviembre 2018 422 votos

A Deputación aproba un orzamento de 183,6 millóns de euros co Plan Único como principal programa de investimentosO pleno da Deputación da Coruña, aprobou hoxe, cos votos favorables do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular, o orzamento da institución provincial para o exercicio 2019, que ascende a 183.609.300 de euros. Isto supón un incremento de 4,65 millóns de euros, un 2,60% máis que no presente exercicio.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa o seu absoluto rexeitamento e fonda preocupación polas decisións aprobadas polo Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña que deixaron a toda a poboación menor de 16 anos da área sanitaria da Coruña sen psicólogo/a clínico/a de referencia desde o mes de outubro.

Isto aconteceu tras facer certos reaxustes no equipo, o que implicou que os nenos e nenas que viven en Carballo, Malpica de Bergantiños, Caión, Ponteceso, A Laracha, Cabanas e Coristanco deixaron de dispoñer dos tratamentos psicolóxicos que viñan recibindo. debendo facer, en todo caso, o seu seguimento un psiquiatra expresamente contratado para tal fin.

A Deputación da Coruña apoia o desenvolvemento de dezanove proxectos culturais singulares

Unha proposta integral para visibilizar as mulleres na historia, un festival arredor do mar, un repositorio documental, unha iniciativa que une a cultura galega e catalá da "arroutada á rauxa", unha plataforma de performance, unha orquestra de malabares ou unha revista dixital son algúns dos proxectos que a área de Cultura da Deputación apoia a través dunha nova liña de subvencións.

A reunión celebrouse no Centro Social de ImendeA reunión celebrouse no Centro Social de Imende

O Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos celebrou onte a súa primeira reunión tras a fusión. O Centro Social de Imende será a sede das xuntanzas, segundo informaron as representantes veciñais, se ben as asembleas veciñais previas poderán celebrarse indistintamente neste local ou na antiga escola de Noicela. Esta primeira sesión comezou cunha petición para establecer canles de comunicación permanentes entre o consello e o Concello e coa exposición das necesidades que ámbalas dúas parroquias consideran prioritarias: a estrada de acceso á praia e o abastecemento de auga.

Información
A Coruña

O persoal das cafeterías do CHUS acada un preacordo e provoca o cese do xerente

Información
15 Noviembre 2018 522 votos

Aramark, a empresa concesionaria das cafeterías do hospital clínico de Santiago, presentou onte ao comité de empresa o novo Xerente logo de cesar ao anterior, condenado –ao igual que esta empresa concesionaria- por acoso laboral contra unha traballadora que é, ademais, a presidenta do comité de empresa. Até o de agora, e malia as demandas da CIG e do comité, nin Aramark, nin o SERGAS adoptaran medida algunha sobre esta cuestión, porén este xoves conseguíronse avances e mesmo chegar a un preacordo que será debatido polo persoal esta tarde.

Información
A Coruña

A Senda do Mar de Razo a Baldaio estrea sinalización

Información
15 Noviembre 2018 550 votos
A Senda do Mar é un itinerario moi concorrido nestes días de sol

A Senda do Mar é un itinerario moi concorrido nestes días de sol

A nosa costa está de estrea. Dende esta semana conta cunha nova sinalización para a ruta Senda do Mar, un percorrido autoguiado por códigos QR que levan ao visitante desde o porto de Razo ata a praia da Pedra do Sal, nunha viaxe polo espazo natural de Razo-Baldaio.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou este mércores que "o nivel de corrupción do PP só é superado polo seu cinismo político", que se evidencia en declaracións como as do presidente da Xunta que "non son aceptables".

"Que o PP intente dar leccións en materia de loita contra a corrupción non resulta crible", remarcou o líder dos socialistas en rolda de prensa, consciente dos "problemas de corrupción que inundan" á dereita.

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación de dous ambiciosos proxectos para fomentar a mobilidade sustentable na provincia.

En concreto, a institución provincial licita por importe de 24.200 € a redacción do proxecto técnico para a ampliación en 29,8 quilómetros da Rede Ciclista Metropolitana da Coruña a Abegondo, Betanzos, Bergondo e Carral e destina 60.500 € para a elaboración do proxecto da Senda dos Faros, que conectará con sendas ciclistas 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte.

A Deputación da Coruña distribuíu entre os concellos da provincia un total de 1.000 entradas para asistir ao Trofeo Teresa Herrera, que mañá xoves, a partir das 20.45 h., se disputarán en Riazor o R.C. Deportivo da Coruña e o Athletic Club de Bilbao. As entradas distribúense pola Deputación en virtude do convenio asinado co Concello da Coruña para cofinanciar as obras de reforma da cuberta e a grada de Riazor, polo que a institución provincial achegou 1 millón de euros, un 14% do orzamento total dos traballos, que ascendeu a preto de 7 millóns de euros.