Neste dia a Organización Mundial da Saúde reitera o dereito da poboación para gozar do máis alto nivel de saúde e que a atención primaria sexa a pedra angular de sistemas de saúde e fai un chamamento para que este día supoña unha oportunidade para reafirmar este dereito humano propoñendo unha serie de medidas para aplicar por todos os países do mundo:
• Promover iniciativas para fortalecer a AP e reflexionar sobre os seus logros
• Fortalecer e transformar os sistemas de saúde poñendo a AP como elemento central
• Comprometer á comunidade nas actividades do sistema sanitario
• Negociar os cambios necesarios entre autoridades, persoal sanitario e sociedade civil,
• Dar participación e capacidade de decisión á poboación no sistema sanitario
• Organizar os servizos de saúde de maneira integrada e centrados na atención primaria
• Renovar e potenciar os servizos de Saúde Pública.
Todas estas medidas forman parte das reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública e contan co respaldo de boa parte da poboación como se demostrou a Manifestación do 12 de febreiro na Praza do Obradoiro no apoio ás medidas contempladas na Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a AP.
Temos aínda unha Atención Primaria das mellores do mundo segundo a propia OMS, polo que perdela supoñería un desastre de consecuencias incalculables para a saúde da poboación, para todo o sistema sanitario público e para o persoal sanitario. Ningún sistema, por forte que sexa, pode sobrevivir á falta de financiamento, de persoal e de mala organización e xestión.
Ata agora as únicas medidas adoptadas pola Xunta en resposta a Mobilización do 12 de febreiro no Obradoiro foron meros retoques para maquillar a realidade e suprimir a obrigatoriedade da dedicación exclusiva, que no resolveran os problema craves de falta de persoal (medicina familiar, pediatría, enfermaría e outros), baixo financiamento e pechaduras de Centros de Saúde e PAC.
A única estratexia da Xunta e desmantelar e privatizar a Atención Primaria e a Sanidade Pública
Para contribuír a esta celebración a Plataforma SOS Sanidade Pública decideu:
1. Celebrar o día 12 de abril Dia Mundial da Atención Primaria con pequenos actos nas localidades
2. Convocar unha nova gran mobilización social e profesional con concentracións en tódalas localidades o día 26 de abril en defensa da Atención Primaria Pública e de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular
Manuel Martín. Voceiro