A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña na que impuxo 21 anos e tres meses de cárcere a un home por cometer catro delitos de abusos sexuais, dous deles sobre menores de 13 anos, os cales se desenvolveron “nun ambiente familiar” e baixo o pretexto de “tratamentos con masaxes”. Os maxistrados salientan que non cabe dúbida que todas as vítimas “consideraron os feitos inaceptables, con independencia de que tardasen en denuncialos ou do motivo conxunto que lles leva a facelo, sobre o que non caben especulacións que poñan en cuestión uns relatos que son perfectamente cribles, coherentes e compren os parámetros orientadores do denominado triplo test”. Ademais, o alto tribunal galego rexeita a invocación do principio in dubio pro reo, pois lembra que só cabe cando “resulte vulnerado o seu aspecto normativo, é dicir, na medida na que se demostre que a Audiencia condenou a pesar da súa dúbida, o que non sucede no suposto estudado”.