Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

A Valedora do Pobo admite unha queixa por falta de transparencia na xefatura de Deportes

Información
02 Noviembre 2024 - Agenda 357 votos - Correo electrónico - Imprimir

A Coruña, .- A Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia (FAC-USO Galicia) denuncia que a Valedora do Pobo admite a trámite unha queixa, por falta de transparencia, na comisión de servizos do posto da xefatura de Servizo de Deportes do Concello da Coruña.

O 9 de agosto finalizou o prazo de 5 días hábiles para a presentación de solicitudes, entre outros, do posto da xefatura de Servizo de Deportes do Concello da Coruña.

 

Presentándose un afiliado noso, parece ser que sendo o único aspirante para ese posto de traballo, e vendo que se ía tendo coñecemento da resolución do resto de postos convocados, pero non deste; solicitou, o 4 de setembro, información sobre a devandita solicitude de comisión de servizos.

 

Debido á falta de resposta por parte do Concello da Coruña, dirixiuse á Valedora do Pobo, que admitiu a súa queixa o pasado 22 de outubro, requiríndolle, ao consistorio coruñés, para que, no prazo de 15 días, lle facilite información sobre o problema que motiva a súa queixa.

 

Decatámonos que, esta mesma semana, se procedeu á convocatoria, entre outros, por comisión de servizos, do posto da xefatura de Servizo de Deportes, por segunda ocasión, polo que non entendemos cómo se pode volver convocar, de novo, este posto de traballo, sen previamente ter finalizado, concluído e notificado ao interesado, o resultado da primeira convocatoria, máxime despois de que o noso afiliado se tivese presentado, en tempo e forma, e, posteriormente, tivese pedido información respecto da devandita convocatoria.

 

Por último, censurar a falta de transparencia do Concello da Coruña, dado que presentou, en tempo e forma, a súa instancia, solicitou información respecto diso e, agora, coñece que se volve a convocar o posto da xefatura de Servizo de Deportes.

social youtube xornalgalicia   feed-image

publicidad unete juntos haremosgrandescosas

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal