Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Ateneo de Santiago abandona o uso da rede social X por decisión da súa Xunta Directiva

Información
22 Enero 2025 - Agenda 255 votos - Correo electrónico - Imprimir

O Ateneo de Santiago, logo da decisión adoptada pola súa Xunta Directiva o pasado luns, 13 de xaneiro, na reunión celebrada recentemente, cesa a creación de contido na plataforma social X (anteriormente Twitter) en todas as súas contas oficiais.

Esta decisión responde á deriva experimentada pola devandita plataforma nos últimos meses. A proliferación de contido tóxico que fomenta a desinformación, amplificada por algoritmos que favorecen determinados usuarios e tendencias, así como a masificación de bots que contribúen a esta dinámica, converteu X nun espazo onde valores fundamentais como os dereitos humanos son atacados de forma constante e impune.

Diante desta situación, na que a polarización substituíu o diálogo e onde o racismo, a misoxinia e os ataques á diversidade ideolóxica son habituais, o Ateneo de Santiago considera que esta plataforma xa non resulta adecuada para promover os seus valores de cultura, diálogo e pluralidade. Por este motivo, a Xunta Directiva decidiu, por consenso, desactivar as súas contas oficiais en X.

social youtube xornalgalicia   feed-image